A cita celebrarase os días 29 e 30 de novembro na carpa da Praza da Mariña, cun horario de 10:30 a 20:30 horas
Burela, 9 de novembro de 2025. O Concello de Burela, a través da súa área de Cultura, organiza unha nova edición do Mercado e Rastro de Nadal, que converterá a Praza da Mariña nun punto de encontro para veciños, visitantes e expositores durante a fin de semana do 29 e 30 de novembro.
O evento, de acceso libre e participación gratuíta, busca apoiar o comercio de proximidade, a creación artesanal e a reutilización responsable, nun ambiente cheo de espírito navideño.
Para facilitar a organización, o mercado dividirase en dúas zonas diferenciadas. A Zona A, dedicada ao Mercado artesanal e creativo, acollerá expositores que ofrezan produtos elaborados por eles mesmos ou de carácter artístico. A Zona B, destinada ao Rastro de segunda man, reunirá postos con libros, roupa, complementos ou xogos usados en bo estado, apostando pola reutilización e o consumo consciente.
A participación está aberta a artesáns e creadoras/es, asociacións culturais ou veciñais, autónomos e persoas maiores de idade que desexen expoñer produtos de elaboración propia ou artigos de segunda man. O Concello asignará os espazos segundo a dispoñibilidade da carpa e as características dos postos, lembrando que as prazas son limitadas e se cubrirán por orde de inscrición.
Desde a área de cultura destácase que a iniciativa quere “dar visibilidade ao talento local e apoiar a economía de proximidade” explicou Lina Gómez, concelleira de culrura; ao tempo que ofrece unha proposta atractiva para veciños e visitantes. A participación é gratuíta e cada expositor poderá solicitar ata dúas mesas, especificando as súas necesidades no formulario de inscrición.
As persoas interesadas poden descargar as bases completas e o formulario oficial de inscrición na web municipal burela.org e enviar a súa solicitude ao correo cultura@burela.org antes do 16 de novembro.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



