Trabada, 5 de novembro de 2025. O Concello de Trabada presenta un intenso programa de actividades para esta fin de semana con propostas para todos os públicos, que inclúen tradición, música e deporte ao aire libre. Ao longo dos días 7, 8 e 9 de novembro, a Praza do Concello e diferentes espazos do municipio converteranse en punto de encontro para a veciñanza e visitantes.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “desde o Concello continuamos colaborando con asociacións e colectivos para impulsar actividades culturais, deportivas e festivas que dinamicen o noso municipio durante todo o ano e fomenten a participación da cidadanía”.
Venres 7 de novembro – Magosto popular
A partir das 21:00 horas, na Praza do Concello celebrarase o tradicional Magosto, organizado pola Asociación Cultural O Picato e coa colaboración do Concello de Trabada e do Motoclube A Cadeira, que se encargará do servizo de barra. Ofrecerase: Callos (10 €). Lacón asado (6 €). Empanada (3 €). Inclúe café e castañas gratis para todas as persoas asistentes.
A festa estará amenizada por Billy DJ e o cantante Luis Rey, e contará con carpa, mesas e sillas para garantir a comodidade aínda que o tempo non acompañe.
Sábado 8 de novembro – DJ Fest Trabada
A partir das 21:00 horas, tamén na Praza do Concello, terá lugar o DJ Fest Trabada, con actuacións de varios DJs convidados: Alejandro Martínez, SP The Sound Project, Litainer e Pedro Brmudz.
Entre as 21:00 e as 23:00 horas haberá pulpería e churrasco a cargo de Pulpería Suso. O evento desenvolverase baixo carpa climatizada.
Domingo 9 de novembro – Ruta do programa “Coñece Trabada”
Pecha a fin de semana unha actividade de sendeirismo coa ruta desde Vidal a Trabada, cun percorrido de 8,6 quilómetros e dificultade media.
Saída en autobús ás 11:00 horas desde a Praza do Concello. Prezo: 8 € por persoa (inclúe comida no pavillón de Trabada). Inscricións ata o 6 de novembro nas oficinas municipais ou no 982 135 011. É obrigatorio o uso de chaleco reflectante.
Rubén García subliñou que “actividades como estas axudan a poñer en valor o noso concello, dinamizan a economía local e reforzan o sentimento de comunidade”.
O Concello de Trabada invita a toda a veciñanza e persoas visitantes a participar e desfrutar desta fin de semana chea de tradición, música e natureza.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



