A Mariña, 6 de novembro de 2025. A Mariña, 6 de novembro de 2025. No día de hoxe, organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, tivo lugar na fraga de Santo Estevo do Ermo (Barreiros) o acto de entrega dos ingresos obtidos a través das reservas do programa de ecoturismo Plans con Corazón deste 2025 á Fundación Eira da Xoana.
Este programa composto por 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos da Mariña promovido pola Mancomunidade co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Volta Montana, veu supoñer un ano máis a valorización do patrimonio cultural e natural do territorio contribuindo a desestacionalizar o turismo durante os meses de setembro e outubro.
Plans con Corazón, que este ano chegou á súa sexta edición, ofreceu unha ampla variedade de propostas de ecoturismo ás 249 persoas participantes no programa, a través de percorridos guiados por Guías Oficiais de Turismo expertos coñecedores do patrimonio local e de especialistas en ornitoloxía e xeoloxía. Na maioría das actividades participaron ademais anfitrións locais, que amosaron o seu amor polo territorio e as súas iniciativas para a conservación dos produtos e recursos autóctonos.
A totalidade dos ingresos recadados nesta edición derivados das reservas irán destinados a unha iniciativa sostible, neste caso á contribución da recuperación ambiental, a través da repoboación con especies autóctonas, dunha parte da fraga de Santo Estevo do Ermo, situada en Barreiros. A recadación foi de 1.229 euros.
Rocío López, presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, explicou que “estes fondos axudarán á Fundación Eira da Xoana, no contexto do proxecto de repoboación con especies autóctonas que ten en marcha nun terreo da súa propiedade ao pé da fraga, actualmente plantado con eucaliptos”.
E subliñou que “esta doazón pretende ademais fomentar valores como a sustentabilidade, a recuperación patrimonial e a implicación da comunidade local no coidado do territorio”.
Durante o acto, ao que asistiron Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, Rocío López, presidenta da Mancomunidade, Carlos López, deputado de Medio Ambiente, Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia, representantes dos Concellos, Cristina Collazo da empresa Volta Montana, ademais dalgúns dos guías participantes no programa, realizouse a entrega da acreditación da doazón a Pepe Salvadores, presidente da Fundación Eira da Xoana, que acudiu acompañado de representantes de Adega, Mariña Patrimonio e da Asociación Cultural Irmandade de Santo Estevo, colaboradoras no seu proxecto neste espazo.
Seguidamente os asistentes tiveron a oportunidade de visitar o terreo que se pretende repoboar e coñecer de primeira man os valores ambientais da fraga, así como os resultados dos estudos arqueolóxicos levados a cabo na mesma parcela onde a documentación histórica sitúa a antiga igrexa e cemiterio de Santo Estevo e onde tamén se atopou un cuncheiro.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



