O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude prosegue pola provincia de Lugo a rolda de contactos con alcaldes para explicarlles os cambios nesta normativa
Lugo, 7 de novembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe cos rexedores da provincia de Lugo dentro da rolda de contactos para informar sobre as modificacións previstas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, e cuxas vantaxes xa trasladou esta mesma semana aos alcaldes de Ourense e da Coruña e fará o mesmo cos de Pontevedra os vindeiros días. Trátase duns cambios cos que o Executivo autonómico busca adaptar o texto á actual realidade para “axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz do noso patrimonio cultural”.
Neste senso, o responsable autonómico de Cultura, acompañado polo delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, trasladoulles aos rexedores que a modificación ten como obxectivo “desburocratizar procedementos para reducir tempos de espera por parte da cidadanía e das institucións”.
Precisamente, López Campos explicoulles que Xunta de Galicia é a única administración autonómica que actualmente informa dos bens de todo o territorio e con independencia de cal sexa o seu grao de protección. Polo tanto, advertiu que esta situación se traduce en que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xestiona cada ano máis de 30.000 expedientes cun tempo de espera aproximado de entre seis e 12 meses, dependendo da provincia, a tipoloxía ou a afectación do elemento.
“Estes longos tempos de espera son un problema á hora de levar a cabo determinados proxectos”, recoñeceulles o conselleiro. Ante esta situación, e co fin de buscar unha solución, López Campos informoulles de que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude avoga por suprimir a necesidade de autorización por parte da Administración autonómica en determinadas cuestións que poderán ser resoltas polos propios concellos. “Damos resposta ás necesidades e demandas da cidadanía e das administracións, pero sen rebaixar en ningún caso o rigoroso coidado do noso legado”, aseverou.
Neste senso, tal e como precisou, as entidades locais poderán, xunto co procedemento de concesión de licenza, autorizar intervencións en aqueles elementos que conten con protección estrutural e ambiental ou en Bens de Interese Cultural e catalogados ao tratarse de obras menores como limpeza de fachadas, cambios de pavimento ou reparación de vías. Así mesmo, mediante esta proposta os concellos tamén poderán informar sobre obras no ámbito dos Camiños de Santiago catalogados (Inglés, Portugués, Fisterra-Muxía, Vía da Prata e Inverno) que non afecten á traza, parcelas lindeiras e elementos funcionais, de todas as que se leven a cabo nos municipios de máis de 50.000 habitantes e das que se pretendan realizar no resto do territorio histórico.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola súa parte, manterá as competencias para autorizar actuacións nos elementos máis singulares ou que precisan a intervención dun persoal técnico con coñecementos máis específicos. É o caso, por exemplo, de obras en Bens de Interese Cultural, nos elementos con protección integral, nos Camiños de Santiago declarados BIC (Francés e Norte) ou no patrimonio artístico, arqueolóxico ou naquel que sexa propiedade da igrexa.
No ámbito forestal, a lexislación tamén prevé cambios ao introducir a figura de declaración responsable para as cortas de arboredo en bens con protección estrutural e ambiental, así como no seu contorno de protección e zona de amortecemento, ou para as que se realicen no territorio histórico dos Camiños de Santiago catalogados a partir dos 3 metros a ambos lados da traza. Neste marco, cómpre aclarar que se elimina a necesidade de permiso para os traballos de silvicultura feitos por medios manuais ou para as tarefas feitas con maquinaria lixeira, sempre e cando se faga despois de balizar.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



