Denuncian demoras de ata vinte días para conseguir cita e consultas saturadas que deixan sen atención a máis da metade da veciñanza
Xove, 13 de novembro de 2025. O PSdeG-PSOE de Xove volve denunciar o grave deterioro da atención sanitaria no municipio, despois de que o goberno do PP incumprise a súa promesa de cubrir a praza vacante no centro de saúde durante o mes de outubro.
Segundo explican os socialistas, a situación é agora incluso peor que durante o verán, cando o municipio quedou practicamente sen asistencia médica. “A día de hoxe só hai unha médica titular, e como moito dous días á semana temos unha residente con contrato de catro horas para consultas”, advirten.
Consultas saturadas e demoras de ata vinte días
O PSdeG alerta de que esta falta de persoal está a provocar un colapso total no Centro de Saúde: as consultas están saturadas e as citas chegan a demorarse ata vinte días, deixando sen atención a máis da metade da poboación. “A doutora titular fai un esforzo enorme, pero é imposible atender urxencias, consultas e visitas a domicilio sen reforzos. O sistema está ao límite e o PP mira para outro lado”, denuncian.
Os socialistas lembran que a situación é especialmente grave nun concello como Xove, con 3.327 habitantes, dos cales máis de 800 superan os 65 anos, ademais de ter unha residencia da terceira idade con 150 internos. “Falamos dunha poboación envellecida que precisa coidados continuos e un servizo médico estable”, subliñan
Incumprimentos e modelo de privatización
O Grupo Municipal Socialista acusa ao Partido Popular de mentir á veciñanza e incumprir as súas promesas, xa que o alcalde e os responsables da Xunta aseguraran que a praza se cubriría no mes de outubro. “Non só non se cubriu, senón que agora tentan deixar a Xove cun único médico de familia. É intolerable”, critican.
Ademais, denuncian que esta situación vén provocada polo modelo de xestión do PP, que “leva anos convertendo a sanidade nun negocio e degradando o sistema público”. “O mesmo que vemos en Madrid ou Andalucía repítese aquí: precariedade, listas de agarda e veciños obrigados a ir ao privado para ser atendidos”, engaden.
“O PP condena a Xove á precariedade sanitaria e xoga coa saúde da veciñanza. É urxente que se repoñan as tres prazas de médicos de familia que lle corresponden ao municipio e que se reforce o persoal do centro de saúde”, reclaman.
Desde o PSdeG-PSOE de Xove advirten que seguirán denunciando estes recortes “que custan vidas” e esixindo á Xunta e ao alcalde que asuman as súas responsabilidades. “Xove merece unha sanidade pública digna, estable e de calidade. Non máis parches nin máis promesas incumpridas”, conclúen.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



