Antonio Ameijide denuncia que esta maneira de gobernar é “a demostración de que o Goberno provincial de PSOE e BNG está esgotado, sen ideas e sen proxecto para Lugo
Venres, 14 de novembro de 2025. O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, lamenta que o presidente da Deputación, José Tomé, presentase hoxe en rolda de prensa os orzamentos provinciais para 2026 sen entregalos previamente ao Grupo Provincial Popular, algo que cualificou como “unha grave falta de respecto institucional e unha mostra máis da súa falta de transparencia”.
Antonio Ameijide cualifica de “inxustificable” que o presidente da Deputación “presuma de participación e transparencia” pero “non nós entregou nin un só documento dos orzamentos antes de presentalo aos medios”. “Para nós é imposible valorar unhas contas que nin sequera nos entregaron, o que amosa o absoluto desprezo de Tomé polo diálogo”, afirmou.
“Vemos como anuncia 135M€ centrados no seu autobombo persoal e abandonando a máis da metade da provincia que non foi capaz de pisar nos seis anos que leva á fronte da Deputación”, sinalou.
SEN ANUNCIOS NIN COMPROMISOS
O voceiro popular subliña que Tomé “limitouse a repetir exactamente o mesmo que dixo hai dúas semanas no Parlamento de Galicia”, sen aportar novidade algunha sobre as supostas liñas que deberían coordinar a execución dos orzamentos. “Non houbo anuncios, non houbo datos concretos e non houbo explicacións. Foi propaganda persoal”, asegurou.
Ademais, Tomé evitou aclarar — igual que fixo no Parlamento de Galicia — que residencias da rede provincial non abrirán ata finais de 2026 ou comezos de 2027. “Levan anos prometendo a apertura inmediata, pero a realidade é que o goberno de PSOE e BNG é incapaz de poñer en marcha novos centros nin de dar uso ás instalacións xa rematadas”, denunciou.
SEN COMPROMISOS REAIS COAS ESTRADAS PROVINCIAS
Antonio Ameijide tamén afeou a José Tomé que volvese a presumir dun “investimento récord” en estradas provinciais sen anunciar nin unha soa intervención: “fume e máis fume”.
“Fala dunha cifra global que nin sequera corresponde integramente a obras, porque mete no mesmo saco os bolígrafos, os folios e todo o gasto administrativo do servizo de Vías e Obras e sen indicar o investimento real en estradas. É un truco máis para intentar que pareza que están a facer algo cando non son capaces nin de manter o que herdaron”, apuntou.
Antonio Ameijide denuncia que esta maneira de gobernar é “a demostración de que o Goberno provincial de PSOE e BNG está esgotado, sen ideas e sen proxecto para Lugo”.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



