José Tomé Roca formalizou coa Alcaldesa Mariña Gueimunde un acordo polo o que a institución provincial achega 40.000€ para financiar, “como fixemos sempre”, esta iniciativa “que supón un pulo económico para este concello e toda a comarca”
Lugo, 14 de novembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde González, asinaron este xoves no Pazo de San Marcos o convenio que serve para financiar o belén Viveiro ante o Berce que o municipio instala todos os anos nas festas do Nadal. Mediante este acordo, a institución provincial achega ao Concello mariñán 40.000€ para apoiar economicamente, “como fixemos sempre”, esta iniciativa “que supón un pulo económico para este concello e toda a comarca”.
“Asinamos hoxe o convenio para o belén a tamaño real porque o noso compromiso con Viveiro segue intacto”, argumentou o mandatario provincial. Valorou que “algúns viven do ruído e de xerar desconfianza na política, pero nós non cambiamos a nosa forma de traballar: apoiamos aos concellos, con independencia das súas cores, que impulsan proxectos beneficiosos para o territorio e a cidadanía”.
Lembrou Tomé Roca que a Deputación leva máis de 10 anos axudando a financiar esta iniciativa e demostrando “con feitos” a súa implicación co concello mariñao e sinalou que “as institucións estamos para dar estabilidade, non para facer oposición desde a crispación”. E nese sentido, sinalou que “as veciñas e os veciños de Viveiro poden ter a tranquilidade de que contan cunha Deputación comprometida, estable e responsable que seguirá a apoiar un proxecto que xera emprego, turismo e orgullo local”.
Viveiro ante o Berce é visitada, segundo as estimacións municipais, por máis de 25.000 persoas, sendo así un eixo fundamental nas celebracións de Nadal de toda A Mariña. Unha cita consolidada que beneficia á hostaleira e o comercio e que fortalece a marca Viveiro, representando xa un elemento estratéxico na oferta turística da comarca.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



