Grazas á intervención do PP, garántese por lei manter todas as paradas, rutas, horarios e frecuencias actuais, blindando un servizo de mobilidade ”esencial para a provincia e para a vertebración de Galicia”, segundo destacou o deputado Francisco Conde
Lugo, 15 de novembro de 2025. O Partido Popular da provincia de Lugo celebrou unha rolda de prensa na que participaron a presidenta provincial, Elena Candia, e os deputados nacionais -Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades- e na que denunciaron o intento do Goberno de Sánchez e dos seus socios de suprimir paradas, recortar frecuencias e modificar horarios das liñas de autobús estatal en numerosos municipios do rural galego.
A presidenta provincial Elena Candia afirmou que “debido ao traballo do Partido Popular, Galicia e, en particular, a provincia de Lugo manteñen un servizo esencial de transporte no rural. Mentres o Goberno tenta recortar paradas e frear a mobilidade das familias, o PP defende aos veciños e garántelles que teñan unhas conexións seguras e estables”.
Grazas á intervención do PP, garántese por lei manter todas as pardas, rutas, horarios e frecuencias actuais, blindando un servizo de mobilidade “esencial para a provincia e para a vertebración de Galicia”, segundo destacou o deputado Francisco Conde.
No caso de Lugo, dez concellos veríanse afectados: Baralla, Chantada, O Corgo Guitiriz, Meira, Monterroso, As Nogais, Palas de Rei, A Pontenova e Quiroga, onde viven preto de 35.000 veciños e veciñas e que contan cuns 3.600 usuarios habituais. O intento de eliminación destas paradas supoñía un recorte directo ao rural, un novo fracaso do ministro Puente.
Conde recalcou que a emenda á Lei de Mobilidade Sostible é “un compromiso para protexer os servizos de transporte no rural e garantir a igualdade de oportunidades entre territorios”, devolvendo seguridade e continuidade a un servizo esencial para milleiros de galegos.
Os deputados populares subliñaron que “o PSOE de Pedro Sánchez maltrata a Galicia. Os socialistas galegos, cando teñen que elixir entre Galicia e Pedro Sánchez, sempre elixen Pedro Sánchez. E o mesmo sucede cos seus colaboradores no maltrato a Galicia, como o BNG, incapaces de apoiar emendas tan esenciais como a do Partido Popular que garante as paradas, horarios, frecuencias e transporte de viaxeiros en autobús. Afortunadamente, o PP conseguiu articular a maioría suficiente para que estas emendas se introduzan na lei, e os usuarios do transporte en Galicia respiremos un pouco máis tranquilos”.
SEGUNDO LOGRO DO PP NA MESMA LEI: RETORNO DAS INDEMNIZACIÓNS DO AVE
Ademais, o deputado Francisco Conde anunciou que o PP conseguiu introducir outra mellora clave na Lei de Mobilidade Sostible: o restablecemento dos compromisos de puntualidade e indemnizacións de Renfe eliminados polo Goberno en 2024.
Deste modo, a partir do 1 de xaneiro de 2026, os cidadáns volverán a beneficiarse das devolucións por atraso: 50% do importe do billete en retrasos de 15 minutos e 100% do importe en retrasos de 30 minutos.
Conde explicou que “isto obriga ao Goberno e a Renfe a asumir a súa responsabilidade e devolver aos usuarios as garantías que nunca deberan perder”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



