A andaina, cun percorrido circular de 8 km e baixa dificultade, partirá ás 11:00 horas da Praza da Mariña
Burela, 17 de novembro de 2025. O Concello de Burela convoca á cidadanía a participar na IV Andaina contra a Violencia, que terá lugar o domingo 30 de novembro ás 11:00 horas. A actividade enmárcase nas accións polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A andaina seguirá unha ruta circular de 8 quilómetros, de baixa dificultade, con saída e chegada na Praza da Mariña, co obxectivo de promover a participación veciñal nun acto “simbólico e colectivo de rexeitamento á violencia de xénero”, segundo explicou a concelleira de Igualdade, Alexandra Fernández.
A concelleira destacou que “este tipo de accións son importantes porque visibilizan a unidade social fronte á violencia e recordan que a igualdade constrúese cada día, tamén desde o espazo público”. Engadiu ademais que “a participación cidadá é clave para reforzar a mensaxe de que toda forma de violencia contra as mulleres debe ser erradicada”.
O proxecto conta coa colaboración da Asociación Pasada das Cabras e está financiado con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, coa colaboración da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



