Vilar, O Rodeiro, Redondelo, A Valiña, Guxide, entre outros, carecen deste servizo municipal
Lourenzá, martes 18 de novembro 2025. A auga potable e o saneamento son dereitos básicos e esenciais para a saúde e calidade de vida dos veciños. Sen embargo, en varios núcleos do municipio aínda se carece de acceso a estes servizos. Ademais, a falta de infraestruturas adecuadas pode xerar problemas medioambientais e obstaculizar o crecemento económico das zonas carentes de acceso a rede municipal de saneamento e abastecemento público de auga.
Debate no pleno deste xoves
Ante esta situación o BNG de Lourenzá vén de presentar unha moción no concello para debater no pleno deste xoves, na que solicitan que se dote do servizo de abastecemento de auga nos núcleos rurais da parroquia de Santo Adrao. Recordan os nacionalistas que a auga potable e o saneamento son dereitos básicos e esenciais para a saúde e calidade de vida da veciñanza. “Esta situación de falta de abastecemento pode poñer en risco a saúde pública e ademais a falta de infraestruturas adecuadas pode xerar problemas medioambientais e obstaculizar o crecemento económico desas zonas carentes de acceso á rede municipal de abastecemento e tamén de saneamento” afirmou a portavoz nacionalista Belén Fanego.
Esixir das institucións e organismos competentes financiamento para o abastecemento
Para garantir un acceso equitativo aos servizos básicos en todo o concello mellorando a calidade de vida da veciñanza do rural en particular e contribuíndo a un desenvolvemento máis xusto de todo o territorio municipal, o BNG proponlle ao pleno que acorde comprometerse a dotar do servizo de abastecemento aos principais núcleo de Santo Adrao carentes del e que se demande das administracións e organismos competentes en materia de infraestruturas e recursos hídricos os orzamentos e axudas suficientes para tal fin.
Saneamento
A edil nacionalista refírese tamén na moción ás necesidades de saneamento existentes no término municipal, polo que demanda tamén que se leve a cabo un estudo pormenorizado sobre as mesmas para poder realizar os correspondentes proxectos.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



