“A actitude de hoxe no pleno de José Manuel Lamela é de auténtica vergoña e unha total falta de respecto a todo o concello”
O Valadouro, martes 18 de novembro 2025. No pleno celebrado este martes ás 14:30 pola corporacion de O Valadouro evidenciouse unha vez máis que o Partido Popular, co inestimable apoio de Udival, goberna o concello cunha total falta de respecto pola veciñanza e polos seus representantes nos grupos de oposicón municipais, e o que é máis grave, descoñecendo incluso o propio alcalde José Manuel Lamela o contido das propostas que traía a aprobación.
Neste pleno o grupo de goberno presentaba unha modificación do orzamento municipal de gastos por importe de 155.000€, que é xa a segunda neste ano desde que se aprobaron os orzamentos no mes de maio. Nesta proposta de modificación de crédito, detraense 115.000€ da partida de persoal e 40.000€ da partida que estaba destinada para obras na Praza de Santa María. O montante destas partidas minoradas (155.000€) é para destinalo todo a gasto corrente (SAF, actividades de Nadal, e gastos vários).
“Lamela non quere dar explicacions, non é um digno representante do pobo”
O portavoz nacionalista Eduardo Chao criticou esta segunda modificación de crédito desde o mes de maio, e demandou do alcalde que explicara os pormenores desta modificación e que era o que se ía facer con esas novas consignacions. “Lonxe de obteremos unha resposta clara e convincente, o alcalde faltounos ao respecto, menospreciándonos e insultándome, e retirándome a palabra sen que eu lle dera motivos para facelo como pode comporbar quen queira na canle de you tube pola que se transmiten os plenos, https://cutt.ly/Pr6MJBKr” afirmou Chao, quen manifestou tamén que “este goberno de comencias de PP e Udival trae estas consecuencias: volta ao pasado, ao sectarismo, con actitudes non propias dun concello democrático, e agora con este sistema de baleirar partidas para metelas nun saco sen fondo do capítulo 2 de gasto corrente e sem dar explicacións a naide, veremos como acaba todo”























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



