Cervo, 19 de novembro, 2025. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, desprazouse este luns aos municipios cántabros de Argoños e Colindres para participar na reunión da Comisión de Pesca, Costas e Insularidade da FEMP, da que é integrante.
O relevo xeracional no sector pesqueiro foi un dos temas centrais da xornada. A falta de incorporación de xente nova está a afectar gravemente a continuidade da actividade pesqueira, unha problemática común en todos os territorios costeiros. A comisión está a traballar en propostas para dignificar o sector . E neste senso, a rexedora sinalou que sería interesante tamén achegar cursos formativos aos concellos para apoiar a chegada de novos profesionais e garantir a continuidade da actividade.
Ademais deste asunto prioritario, a reunión tamén abordou a necesidade de reforzar a coordinación institucional fronte á contaminación mariña, a situación de infraestruturas tradicionais ameazadas pola Lei de Costas e a problemática da alga invasora rugulopteryx okamura.
No punto relativo á Lei de Costas, a alcaldesa salientou o exemplo de Galicia coa recente transferencia da xestión do litoral efectiva desde o pasado 1 de xullo que foi un paso histórico para a comunidade. Destacou que esta medida proporciona seguridade xurídica a miles de edificaciones e empresas do sector marítimo, facilita unha xestión máis próxima e sostible, compatibilizando a protección do litoral co desenvolvemento económico e social ligado ao mar.
A xornada completouse cunha visita á Confraría de Pescadores de San Ginés, ao porto pesqueiro e a varios proxectos costeiros apoiados polo Grupo de Acción Costeira Oriental de Cantabria.
Desde o Concello de Cervo destacan a importancia de participar nestes espazos de diálogo para defender os intereses do noso territorio e apoiar o futuro do sector pesqueiro.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



