Promover a cultura do debate, a tolerancia e a diversidade nun mundo en conflito e con focos bélicos en lugares significativos do planeta soa a recurso pedagóxico manido e cansino. Defender unha cultura baseada na reflexión e na introspección como método e como práctica académica está fora de lugar e resulta contraria aos intereses culturais da política social da nosa época. Esixir que o alumnado teña e manteña un mínimo interese polas materias e coñecementos establecidos como base da súa formación estase a converter nun reto de gladiador romano no gran circo educativo. Esperar ademais que obren, falen, respondan e traballen cos mínimos de educación, obediencia e respecto que a súa condición, e a nosa, marcan, comeza a ser xa unha utopía, tanto con respecto ao alumnado como para o resto da sociedade. Poñer en dúbida os principios educativos básicos, os contidos, os medios e os elementos que hoxe usamos e temos á nosa disposición recibe unha resposta involutiva, negativa, contraria aos propios tempos modernos, e que xa vimos en tempos pasados coa radio ou a televisión, instrumentos de captación malignos e/ou propios de gurús, extraterrestres ou demos que queren abducirmos de diferentes maneiras.
Fronte a todo iso… nin a Ética resolve os posibles conflitos e intolerancias; nin a Psicoloxía explica ou é quen de predicir os cambios e alteracións de poboación ou goberno e desgoberno tanto individual como colectivo; nin a Socioloxía atopa explicación para estes actuais movementos retrógrados e reaccionarios, que xa a Historia demostrou catastróficos…; nin tan sequera a Lóxica pode servirmos como comodín e táboa propedéutica para poder explicar radicalmente o que sucede. Todas estas ciencias son pequenos cuarteiróns dunha laranxa grande que alberga o Universo do coñecemento. ¿Todas?… bueno, certamente non; entre todas elas e sobre todas elas está a Filosofía.
Por iso unha vez máis seguimos reivindicando a Filosofía como espazo de comunicación e progreso, seguimos defendendo a Filosofía como escola de liberdades, como o único acceso válido para un futuro en Paz, para unha humanidade en Progreso, e para unha sociedade en Igualdade, Liberdade e Tolerancia. Ningunha ciencia está nas mesmas condicións para reivindicalo e muito menos para facelo…, ningunha! Agás naturalmente a Ciencia das ciencias, a única que posúe esa función integradora e global que aporta unha perspectiva profunda e auténtica do que nos rodea. Existe esa ciencia e chamárona Filosofía, pero o inconveniente que ten é que non se lle recoñece o seu tino a pesares de todo o camiño demostrado ata chegar aquí.
Por iso hoxe, unha vez máis e lembrando a máxima latina de “in vino veritas” este xoves 20 de novembro levantaremos unha copa de Beaujolais Nouveau (sí, viño francés) e berraremos ao unísono… ¡Longa vida á Filosofía!, a das clases, a da historia, a que reflexiona desde o eu e desde o nós, a que se atreve a predicir coma se fora unha vulgar ciencia particular e a que sanciona os momentos e as épocas con preguntas e, ás veces respostas, que transcenden o agora e manteñen unha eternidade que irá máis aló do universo mesmo. Todas esas formas de ensinar, entender, compartir e buscar a Filosofía teñen neste día esa bisagra imperecedera que reivindicamos. Todo o demais, todas as demais novas que nos afectan, irémolas atopando nas nosas vidas, e agardaremos que nolas conten (tamén nos xornais) para que poidamos seguir asombrándonos.
Manel Yáñez Dablanca
profesor de Filosofía



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



