O Valadouro, 20 de novembro, 2025Os veciños de Moucide, no Concello de O Valadouro, pregúntanse por que se está tardando tanto tempo en conceder o permiso de obra para modificar un camiño que atravesa a área recreativa e o parque infantil da parroquia.
Unha loita que vén de lonxe
En asemblea do ano 2000 aprobouse a creación da área recreativa e a modificación do camiño. Desde entón, a asociación veciñal leva anos reclamando este cambio, alegando a seguridade dos nenos que xogan no parque infantil, construído tras a cesión de terreo ao concello.
O pleno municipal do 2 de marzo de 2023 aprobou finalmente a obra, aínda que cos votos en contra do partido do actual alcalde, quen argumentou que, mentres houbese un só veciño en contra, el defendería esa postura.
As dúbidas da veciñanza
Ante a demora na concesión do permiso, os veciños de Moucide cuestionan se detrás desta situación hai:
• Interese persoal, ao manter a promesa de defender a un único veciño en contra, nunha interpretación peculiar da democracia.
• Desidia, dado o estado lamentable do parque infantil e a falta de resposta ás instancias presentadas.
• Mala fe, xa que cando se pregunta no concello polo permiso aprobado en pleno, a responsabilidade vai pasando de técnico a secretario e de secretario a alcalde, nunha situación que lembran á famosa “casa que enlouquece” de Astérix e Obélix.
Unha espera que non debería prolongarse
Os veciños de Moucide expresan o seu desexo de que non teñan que pasar outros 25 anos para ver concedido un permiso que xa conta coa aprobación plenaria.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



