O 5 de decembro terá lugar o programa “Burela dá Luz ao Nadal”, con actividades infantís, música, chocolatada e concerto para celebrar o comezo das festas
Burela, 22 de novembro de 2025. O Concello de Burela presenta o programa “Burela dá Luz ao Nadal”, que terá lugar o 5 de decembro con diferentes actividades para todos os públicos. Ás as 17:30 h na Praza do Concello haberá pintacaras infantil, globoflexia e música a cargo de Festicultores Troupe. Ás 19:00 h, celebrarase unha chocolatada e ás 19:30 h será o acendido oficial do alumeado, amenizado pola Escola de Música de Burela. A xornada rematará ás 20:00 h na Praza da Mariña cun concerto de COVA do CAN Rock.
A concelleira de Festexos, Patricia Eijo, destacou que “este ano apostamos por un Nadal vivo, participativo e pensado para que as familias gocen da rúa. Queremos que Burela se encha de luz, música e ilusión dende o primeiro día”. Engadiu tamén que “o acendido do alumeado é un momento moi especial para a veciñanza, e por iso preparamos unha tarde chea de actividade e ambiente festivo”.
O contrato de iluminación festiva do Nadal foi adxudicado por dous anos á empresa ILUMINACIONES SANTIAGUESAS, S.L., por un importe total de 108.000 € (IVE incluído).
A concelleira sinalou que “con esta contratación garantimos unha iluminación moderna e segura, que contribúe a dinamizar o comercio e a vida social nestas datas tan importantes”.
Pola súa banda, a alcaldesa de Burela, Carmela López, afirmou que “o Nadal é unha oportunidade para dinamizar as rúas, apoiar aos negocios de proximidade e facer vila. E finalizou convidando “a toda a veciñanza a participar, a gozar deste acendido e a ser parte dun Nadal que fai comunidade”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.


