Xove, 21 de novembro, 2025. Este martes publicouse no BOP o extracto da resolución de alcaldía pola que se aproba a convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para o vaciado de fosas sépticas e outros sistemas individuais de xestión de augas residuais no Concello de Xove.
Obxectivo
Garantir unha correcta xestión dos residuos xerados en fosas sépticas ou sistemas individuais situados en contornas sen rede de sumidoiros municipal.
Beneficiarios
• Persoas maiores de idade titulares de inmobles residenciais.
• Titulares de establecementos de aloxamento turístico ou de restauración regulados pola normativa galega de turismo (sempre que se atopen no termo municipal de Xove e dispoñan de fosas sépticas ou sistemas individuais de xestión de augas residuais).
Contía
• Máximo por beneficiario: 200 €
• Orzamento total da convocatoria: 5.000 €
Prazos
• Presentación de solicitudes: do 1 de xaneiro ao 10 de decembro de 2026.
• Inclúense os vaciados realizados desde o 1 de outubro de 2025.
Como solicitar
• A través da Sede electrónica do Concello: www.xove.gal
• Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.
• Documentación: impreso oficial + anexos esixidos na convocatoria.
• Máis información: Departamento de Agricultura e Gandeiría do Concello de Xove.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



