Dende o Grupo Provincial afirman que “en lugar de crear e manter un Plan Deputación B totalmente oculto e opaco” José Tomé debería de incrementar os fondos para todos os concellos e así dar un trato igualitario aos veciños da provincia
Lugo, 21 de novembro de 2025. “A pedrea da xunta de goberno de hoxe recaeu, unha vez máis, unicamente en concellos gobernados por PSOE e BNG”. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, amosouse moi crítico con que José Tomé siga a financiar unicamente a concellos afíns tras ver como hoxe aprobaron convenios por un importe superior a 400.000€ en total.
Antonio Ameijide denuncia que hoxe asistimos “a unha nova rolda de convenios para amiguetes que continúan evidenciando unha tendencia continuada ao longo dos últimos anos: unha ausencia total de transparencia e de igualdade de oportunidades para máis da metade dos veciños da provincia”.
Os acordos aprobados hoxe en xunta de goberno distribúense exclusivamente entre concellos gobernados por PSOE e BNG. En concreto, a Deputación deu luz verde aos seguintes convenios:
Vilalba: financiamento por importe de 58.680 € para a actuación de rexeneración de accesos aos núcleos de Cabanamille e Ver.
Taboada: cooperación no financiamento de varias actuacións por un total de 50.109,57 €.
A Fonsagrada: mellora do camiño de acceso aos núcleos de Goxe e O Mido, por 49.983,39 €.
Barreiros: promoción e dinamización dos mercadiños locais, por 52.259,63 €.
A Pobra do Brollón: adquisición de maquinaria para mantemento de zonas rurais, por 50.000 €.
Muras: apoio ao “Trail das bestas” por 28.820 €.
Burela: renovación da cuberta do edificio multiusos para fomentar o asociacionismo no sector primario, por 142.367,72 €.
Antonio Ameijide critica que os acordos aprobados cada venres “van caendo coma as pedreas do sorteo de Nadal, pero sempre nos mesmos municipios”, situación que “deixa sen oportunidades a unha parte importante da provincia e provoca desigualdades entre veciños en función do concello no que vivan”.
Ao longo de 2025, e ata o día de hoxe, a Deputación de Lugo leva aprobados 10.5M€ en 56 convenios, todos eles asinados con concellos gobernados polo PSOE e o BNG.
Antonio Ameijide exixe, unha vez máis, que “PSOE e BNG apliquen criterios de igualdade para o acceso aos recursos públicos, que deben de distribuírse en base ás necesidades dos municipios e non pola cor política”.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



