O Presidente presentou en Ribeira de Piquín o Plan de Vialidade Invernal 2025-2026, co obxectivo de ofrecer unha resposta áxil e eficaz ante as incidencias que poidan xurdir relacionadas co mal tempo nos máis 4.000 quilómetros na rede viaria
Lugo, 21 de novembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este venres en Ribeira de Piquín o Plan de Vialidade Invernal da institución para a temporada 2025-2026. Un operativo composto por 112 persoas e 64 máquinas que terá por obxectivo garantir unha resposta “áxil e eficaz” antes as incidencias que poidan xurdir relacionadas co mal tempo nos máis de 4.000 quilómetros na rede viaria provincial.
Tomé Roca argumentou que “a seguridade nas estradas é un dos principais eixos do Goberno provincial e que, dado que máis da metade das estradas provinciais superan os 600 metros de altitude, estes tramos están especialmente expostos ás inclemencias meteorolóxicas”. Sinalou ademais a importancia de poder coordinar o traballo entre os medios propios da institución coas 8 empresas contratadas pola Deputación para a conservación e mantemento das vías no territorio. “A precisión de recursos está pensada para poder actuar con tres máquinas quitaneves e tres vehículos de apoio por cada zona, o que nos permitirá reducir ao máximo os tempos de resposta”, valorou.
A Deputación conta tamén cun total de 420 toneladas de sal distribuídas en 12 silos situados nos concellos de Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil. Estes silos tamén estarán dispoñibles para os 67 concellos da provincia en caso de emerxencias ou fortes temporais e cada un almacena 35 toneladas de sal de mina.
Na presentación acompañando ao Presidente, o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico; os deputados provinciais Pablo Rivera Capón, Xosé María Arias e Carlos López; e os alcaldes de Navia de Suarna, José Fernández Fernández; Cervantes, Benigno Gómez Tadín; Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo Magdalena; e Meira, Antonio de Dios, entre outras autoridades.
O Presidente da Deputación subliñou que o protocolo de actuación do Plan de Vialidade Invernal está a disposición dos 67 concellos da provincia para fomentar a colaboración entre administracións. “Poñemos á disposición dos concellos os recursos necesarios, tanto humanos como técnicos, para que poidan afrontar as emerxencias meteorolóxicas que afecten tamén ás súas estradas municipais”.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



