Burela, 22 de novembro, 2025. Bo partido, bo ritmo e debut de Walter na liga, cun final amargo debido ao desgaste físico dunha plantilla que conta con moi poucas rotacións.
Burela, 22 de novembro, 2025. Partido moi competido por parte dos burelenses, que con moi poucas rotacións lograron remontar un 0-2 antes do descanso e poñerse por diante durante a segunda parte, aínda que o desgaste físico pasoulles factura nos últimos minutos nos que un rival que non perdoa logra volver adiantarse a falta de tres minutos para o final.
Complícaselle o encontro ao Burela nos primeiros minutos nos que os cataláns anotan o 0-1, un gol de Manucho que vence a Starna nun cara a cara tras un pase longo de Abdel. Moito toque de balón e contados tiros a porta nestes primeiros 10 minutos de xogo. Boísima intervención de Starna no minuto 9 tras un disparo dende o lateral da área de Manucho e dobre parada tras aproveitar o rexeite Abdel desde a área. Aplaude Vista Alegre na saída a pista do xuvenil Walter no minuto 10, debut do xove burelense en liga, contando con bastantes minutos durante todo o partido. Volve salvala Starna no 11 e perdoa Izan no 12 non chegando a rematar un balón case na liña de meta que lle coloca Izan dende a banda. Chega o 0-2 no minuto 16 tras un erro de Starna que fai unha saída pasándolla a Arnau Graell, quen aproveita a ocasión e dispara dende media pista a portería baleira. Cando todo parece perdido antes do descanso, un inspirado Jason logra empatar o encontro protagonizando unha bonita xogada individual e disparo a portería no 1-2 e poñendo a ras o partido cun tiro afastado que entra por toda a escuadra a falta dun minuto para o intermedio.
Na segunda parte espabila o Burela con tres ocasións clarísimas continuas e dobre paradón de Ángel León, a primeira unha combinación de Jason e Meira que desvía o porteiro, aproveitando o rexeite Alberto desde a área, pero volvéndose a atopar co gardameta e segundos despois váiselle a Izan rozando o segundo pau. Sálvaa Starna no 24 nun posible remate de Akim Rafols que non chega a alcanzar un balón que recolle antes o arxentino e despexa coas mans un disparo de Adri Trémens no 25. Consegue adiantarse o Burela no minuto 27, cun gol de Alán que remata un pase de Jason ao segundo pau. Continúa dominando o Burela, pero no 31 Arnau Graell logra o empate rematando dentro da portería un pase de Ibai tras unha recuperación preto da área do xogador catalán. Ataca o Burela con xogo de 5 en contadas ocasións tentando adiantarse no marcador. Case consegue o triplete Jason no 34 tras un roubo de balón a media pista e boísima xogada individual pola banda que finaliza rozando a portería sacandoa o porteiro do conxunto visitante no 35 tras un disparo potentísimo de Izan. A pesar das numerosas ocasións dos locais, o Martorell logra adiantar o marcador a falta de 3 minutos cun tanto de Anaya que sorprende a Starna cun balón atrás que entra entre os tres paus conseguindo o 3-4. Sae Alán coa elástica negra buscando o gol con xogo de 5 e salva Alberto coa cabeza un balón directo a portería baleira no 38. Sácaa Carlos Villalobos nunha ocasión clarísima de Meira que dispara a portería dende a área e continúa tentándoo o Burela ata o asubío final sen lograr empatar o encontro.
Ficha Técnica Burela FS 3-4 Club Sala 5 Martorell
Burela FS (3): Starna; Jason, Alberto, Izan, Meira -quinteto inicial-, Marquinho, Alán, Walter.
Club Sala 5 Martorell (4): Ángel León; Eric Castillo, Anaya, Abdel, Manucho – quinteto inicial -, Adri Térmens, Ibai, Carlos Villalobos, Arnau Graell, Akim Rafols, Héctor.
Goles: 0-1, min. 3: Manucho. 0-2, min.16: Arnau Graell. 1-2, min. 1: Jason. 2-2, min. 19: Jason. 3-2, min. 27: Alán. 3-3, min. 31: Arnau Graell. 3-4, min.37: Anaya.
Árbitros: Rafael Olmos // Zohir Boughdad // Sergio López // María López. Por parte del Burela vieron tarjeta amarilla Izan (38’) y Jason (‘39). Por parte del Martorell, Adrià Termens (19’) y Eric Castillo (32’)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Segunda División Masculina disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


