Os deputados do Grupo Provincial Popular agardan o apoio do goberno ás súas propostas para o Pleno deste martes na Deputación de Lugo
Lugo, 24 de novembro de 2025. O desenvolvemento da provincia é unha das materias pendentes do goberno provincial de PSOE e BNG. De feito, os deputados do Grupo Provincial teñen insistido en que “a Deputación de Lugo debe ser o motor da provincia”.
Os populares proporán para o Pleno deste martes que a Deputación de Lugo traslade a súa oposición á política fiscal do Goberno de Sánchez sobre os autónomos, “un sector chave dentro da economía lucense, galega e nacional”.
Os populares instan ao Goberno de España a cumprir os compromisos adquiridos cos autónomos en 2023, impulsando as reformas pendentes en materia de protección social, pluriactividade, conciliación e simplificación burocrática, e establecendo un calendario claro de seguimento e avaliación de ditas medidas, en diálogo coas principais organizacións representativas do sector.
E urxen a poñer en marcha de forma inmediata a aplicación do réxime de franquía do IVE previsto pola Directiva Europea, que permite eximir do pago e a presentación de declaracións de IVE aos autónomos e pequenas empresas cunha facturación anual inferior a 85.000€, o que suporía un importante alivio fiscal e administrativo para o colectivo.
“Non é o momento de castigar máis ao tecido produtivo, senón de acompañar, facilitar e protexer a quen mantén a actividade económica en momentos de incerteza tanto nas grandes como nas pequenas e medianas localidades do noso territorio”, segundo manifesta o portavoz, Antonio Ameijide.
Por outra banda, os deputados populares instarán ao goberno provincial de PSOE e BNG a colaborar para mellorar a seguridade nos tramos do Camiño de Santiago que conflúen coas vías provinciais ao seu paso pola provincia de Lugo. Deste xeito, mellórase a seguridade viaria e a calidade das rutas e protéxese aos veciños e peregrinos.
Ameijide subliña que “o Camiño de Santiago é un importante atractivo turístico que, a través das distintas rutas, atrae a moitos peregrinos que visitan a nosa provincia ao longo de todo o ano dinamizando a vida social, cultural e económica en moitos puntos da provincia constituíndo unha fonte de oportunidades, especialmente, no rural”.
Os populares propoñen realizar actuacións para mellorar a seguridade nalgúns puntos perigosos. Algúns exemplos atópanse no municipio de Lugo como no núcleo do Burgo, na LU-P-2901, onde os peregrinos camiñan por unha vía estreita e sinuosa na que o tráfico adoita circular a velocidades elevadas; no cruzamento das estradas LU-P-2901 e LU-P-1611 (Lugo – Guntín) onde conflúen numerosos vehículos e con visibilidade limitada ou na LU-P-2917, en Gondar, onde a estrada con numerosas curvas carece de espazos seguros para peóns.
Algúns outros exemplos na provincia onde convén intervir de xeito inmediato son, por exemplo, na zona de Coto por onde discorre o Camiño Francés pola LU-P-4001, nas inmediacións da capela do Carme en Ribadeo por onde pasa o Camiño do Norte pola LU-P-5702 ou na LU-P-1801, de Líncora a Chantada, no Camiño de Inverno.
ROGOS E PREGUNTAS
Os deputados provinciais do Partido Popular tamén lembran a necesidade de manter limpas as cunetas das vías provinciais, especialmente agora no inverno: “coa chegada de importantes choivas, a auga desborda e discorre pola calzada en numerosos puntos poñendo en risco aos usuarios”. Un exemplo da falta de limpeza das marxes das vías da Deputación atópase en Lugo, na LU-P-2902.
Tamén piden os populares que o goberno provincial de PSOE e BNG reciba e escoite á asociación Patrimonio Naviego para estudar e valorar a posibilidade, entre a Deputación e o Concello de Navia, de darlle novos usos á Casa Benedicto, un inmoble titularidade da Deputación de Lugo; e que, mentres, cumpra co seu deber de conservar a poñer en valor o seu patrimonio e, particularmente, este inmoble.
Na quenda de preguntas, os deputados do PP esixen que o goberno provincial se posicione sobre a súa intención de realizar as intervencións necesarias para suprimir un tapón urbanístico na LU-P-2801, ao seu paso por Santo Tomé (Lourenzá), en caso de que os titulares do inmoble estean dispostos a ceder a propiedade co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na zona.
Tamén esixen que o presidente aclare se vai tomar algún tipo de medida ou vai seguir permitindo comportamentos autoritarios e antidemocráticos por parte de membros do seu goberno.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



