A subdelegada agradeceu o labor da Federación de Mulleres Rurais pola súa permanente investigación, acompañamento e visibilización das desigualdades das mulleres
Lugo, 5 de novembro de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, inaugurou este luns a xornada organizada por FADEMUR con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, celebrada no local da Asociación de Mulleres Rurais “A Xuntanza”, en Castro de Rei. O encontro reuniu a representantes institucionais e profesionais vencellados á loita contra a violencia machista, nun espazo pensado para analizar a situación das mulleres no rural e reforzar o traballo en rede.
A presidenta de FADEMUR Galicia, Verónica Marcos, abriu o acto dando paso ao director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta, Roberto Barba, e á subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, quen trasladou que “sen recursos no rural non hai igualdade real nin protección eficaz fronte á violencia machista”.
López puxo en valor o novo estudo elaborado por FADEMUR, que revela que seis de cada dez mulleres coñecen casos de malos tratos na súa contorna e que máis do 76 % considera que non están tan protexidas como nas áreas urbanas. “Falamos de lugares onde a violencia é máis silenciosa, onde o illamento pesa máis e onde a presión social pode frear a denuncia. Por iso é imprescindible reforzar servizos, acompañamento e formación”, afirmou.
A xornada contou coas intervencións de Marisa Castro, xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación; David Rodríguez, tenente e xefe accidental da Compañía da Garda Civil de Vilalba; e Tamara Bello, integrante do equipo VIOGEN da mesma unidade. As poñentes abordaron os retos actuais, incluíndo o aumento da ciberviolencia entre a mocidade, o impacto do control dixital e a importancia da coordinación institucional.
A subdelegada destacou o compromiso do Goberno de España cunha política feminista “que recoñeza a desigualdade estrutural e garanta protección e dereitos para todas as mulleres, vivan onde vivan”. Tamén lembrou que desde o Ministerio do Interior continúase reforzando a formación en competencias dixitais e mellorando a resposta fronte ás novas formas de violencia.
Finalmente, López agradeceu a FADEMUR “o traballo constante, a investigación rigorosa e a capacidade para visibilizar realidades que durante anos permaneceron fóra do debate público”. Concluíu asegurando que a Subdelegación do Goberno en Lugo “seguirá a disposición para avanzar xuntas na defensa dos dereitos das mulleres e na loita contra todas as violencias machistas”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



