Burela, 24 de novembro 2025. Na tarde de hoxe tivo lugar na sala multiusos da Casa de Cultura de Burela un acto organizado polo BNG coa participación de Iria Cotelo, vicerresponsable comarcal e portavoz municipal en Viveiro, Sandra Fernández Cillero, concelleira de Igualdade en Burela e Olalla Rodil, deputada no Parlamento e alí expuxéronse as propostas das nacionalistas para frear os feminicidios e intentos de feminicidio e todo tipo de violência machista.
“A Xunta só destina a prevención un 3% dos recursos, recorta persoal, e descarga nos concellos responsabilidades que lle son propias”
Deron conta tamén do demoledor informe do Consello de Contas feito público este verao, no que se avalían as políticas públicas da Xunta en matéria de violência de xénero no período 2018-2022, informe no que se sinala que malia a súa importância, á Xunta de Galicia só destina a prevención un 3% dos recursos. Ademáis dito informe sinala o recorte de persoal e a falta de construcción dun sistema público e directo de atención ás vítimas, de maneira que o governo galego foi descansando funcións que lles son propias nos concellos galegos, sobrecargándoos ou privatizando servizos. A respecto desto, a concelleira Sandra Fdez. Cillero manifestou: “Como muller e como concelleira do Bng teño claro que só com máis servizos públicos, máis recursos reais e máis feminismo feminismo imos ser capaces de protexer a todas as mulleres, non só a algunhas” e afirmou tamén que “o que non se conta non existe e por iso estamos aquí para contar o que está pasando e para reclamar un país que poña a vida das mulleres no centro das políticas públicas”.
Propostas nas institucións para frear a violencia machista
A parlamentaria Olalla Rodil fixo referencia á Lei Galega contra a violencia machista aprobada no 2007 e que foi unha lei pioneira e vanguardista a nível europeo, que contemplou a visión da violencia contra as mulleres em todas as súas dimensións. Avanzou tamén as liñas nas que o Bng vén traballando e nas que se formulan diferentes propostas como son: máis recursos económicos e persoais para desenvolver a Lei galega contra a violencia no seu 18 aniversario, incrementar a prevención, e tamén dedicar máis esforzos contra a violencia sexual.
A necesidade de dotar de maís recursos os Centros de Información á Muller e de incrementar as axudas económicas para que sexan acordes coa carestia da vida, son outras das demandas.
Así mesmo consideran que é necesária tamén mais atención contra a violencia machista que sofren as traballadoras dos coidados e tamén máis coñecemento para combater os discursos negacionistas, máis ensino público contra a violencia machista e mais servizos de atención psicolóxica.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



