O voceiro popular, Javier Castiñeira, subliña que o rexedor acabou recoñecendo no pleno que o PP “dicía a verdade” cando afirmaba que o suplemento podía dividirse en tres bloques
Foz, 28 de novembro de 2025. O Partido Popular de Foz manifesta a súa satisfacción por ter cumprido co seu deber de fiscalizar a acción do goberno local e por deixar en evidencia, no pleno celebrado onte, a mala xestión económica do alcalde en relación ao suplemento de crédito de máis de 1,3 millóns de euros.
O voceiro popular, Javier Castiñeira, subliña que o rexedor acabou recoñecendo no pleno que o PP “dicía a verdade” cando afirmaba que o suplemento podía dividirse en tres bloques, tal e como viña defendendo o grupo popular desde o inicio.
Castiñeira explica que o PP está satisfeito non só por exercer o seu labor de fiscalización, senón tamén por lograr que o alcalde admitise publicamente que as subvencións e convenios ás asociacións e clubes podían e debían aprobarse antes, nun expediente separado; e que as facturas de 2024 con reparos e as facturas de 2025 sen informar constituían bloques distintos que Cajoto decidiu mesturar deliberadamente co das entidades para xerar presión política.
“É evidente que o alcalde atrasou os pagos ás asociacións e clubes por interese político, para usar ese bloque como ferramenta de presión”, afirma Castiñeira
O PP acusa ao rexedor de empregar ás entidades culturais, deportivas e sociais como escudo político para forzar a aprobación dos bloques máis “irregulares”.
Segundo o popular, “o BNG non foi capaz de aguantar ese presión nin esa chantaxe, e acabou facilitando que o alcalde sacara adiantes os bloques máis polémicos”.
O voceiro do PP lembra que ao Partido Popular se lle ofreceron opcións semellantes ás que recibiu o BNG, pero que os populares non aceptaron porque “a xestión con irregularidades non é moeda de cambio”.
“Queremos que os empresario cobren e que as entidades perciban o que lles corresponde, pero queremos tamén que as cousas se fagan ben”, asegura Castiñeira.
O Partido Popular conclúe que seguirá exercendo unha fiscalización rigorosa: “O noso deber é fiscalizar, poñer evidencias enriba da mesa e impedir que se normalicen irregularidades. Ese é o noso compromiso e non imos renunciar a el”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



