A alcaldesa, Marta Rouco, destaca que o documento será clave para definir estratexias municipais de promoción e desenvolvemento turístico
Vilalba, 3 de decembro de 2025. O Concello de Vilalba acolleu esta mañá a presentación do “Informe de Análise Turística do Concello de Vilalba”, elaborado polo Eixo Atlántico dentro da súa Colección de Cadernos de Cooperación e cofinanciado polo FEDER a través do programa POCTEP.
A autora do estudo é a profesora e investigadora da Universidade de Vigo Montserrat Cruz, quen contou na elaboración do documento coa colaboración de Francisco Javier Sánchez e Vanessa Suárez.
Na rolda de prensa participaron a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; a Directora do Departamento de Programas e Cooperación do Eixo Atlántico, Vânia Oliveira; a concelleira de Turismo de Vilalba, María Xosé Fernández; e a propia autora do informe, que foi a encargada de explicar os principais resultados.
Un diagnóstico completo e orientado á planificación turística
O estudo realiza unha análise detallada do territorio, dos recursos turísticos existentes e da relación entre a oferta e a demanda actual. A diagnose destaca o elevado número de recursos naturais, culturais e patrimoniais con potencial para xerar produtos turísticos estruturados: o
paseo fluvial da Madalena, o Camiño do Norte, as pontes, restos castrexos, casas indianas, recursos BIC, cemiterios neogóticos, espazos de observación de aves ou rutas nas serras próximas, entre outros.
Porén, o informe tamén sinala que estes recursos aínda non se traducen en estadías longas, polo que recomenda avanzar na creación de produtos integrados, como rutas gastronómicas vinculadas ao capón ou ao queixo San Simón da Costa, e na mellora da sinalización, da oferta de lecer e da estrutura de servizos turísticos.
Entre as recomendacións, recóllese a necesidade dun calendario estable de actividades, maior adecuación dos horarios de restauración ás necesidades dos peregrinos do Camiño do Norte, reforzo da Oficina de Turismo e unha aposta clara polo turismo activo, verde, cultural, natural e ornitolóxico.
Marta Rouco destaca a importancia estratéxica do informe
Na súa intervención, a alcaldesa, Marta Rouco, quixo agradecer ao Eixo Atlántico “o seu compromiso constante coa cooperación e co desenvolvemento equilibrado dos territorios”, así como recoñecer o “rigor e a utilidade” dun documento que permitirá ao Concello planificar con maior precisión.
“Este informe ofrece unha fotografía realista e necesaria sobre a situación turística de Vilalba. É unha ferramenta estratéxica que nos axuda a tomar decisións con visión e con datos, e que reforza a idea de que Vilalba ten un enorme potencial por desenvolver”, afirmou a rexedora.
A alcaldesa destacou tamén a colaboración activa do Concello durante o proceso de análise e o compromiso do goberno municipal de seguir avanzando nun modelo turístico que incremente o atractivo da vila e xere impacto positivo no tecido económico e social.





















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



