A programación comezará co acendido de luces de Nadal ás seis e media na Praza Maior
Viveiro, 3 de decembro de 2025. O Concello de Viveiro inaugura este venres, 5 de decembro, o tradicional Belén xigante «Viveiro ante o Berce», un dos principais referentes do Nadal na Mariña. A programación dará comezo ás 18.30 horas co acendido das luces de Nadal na Praza Maior. A continuación, ás 19.00 horas, levarase a cabo a inauguración oficial do Belén no adro de Santa María. Para completar a xornada, arredor das 19.30 horas, ofrecerase unha chocolatada de novo na Praza Maior.
O Belén «Viveiro ante o Berce» caracterízase polas súas figuras a tamaño natural, que recrean escenas bíblicas como o Nacemento de Xesús, a Anunciación aos Pastores, a Anunciación á Virxe, a visita dos Reis Magos, a Matanza dos Inocentes ou a sala do trono de Herodes. Cada escena conta cun atril no que repousa un libro do Novo Testamento, aberto no capítulo e versículo correspondentes co gallo de facilitar unha lectura contextualizada do relato representado.
A mostra instálase no entorno da igrexa de Santa María e completarase cun amplo mercado ambientado na vida da época, no que se representan algúns oficios tradicionais. Entre eles, figuran ferreiros, canteiros, pastores, viticultores, carpinteiros de ribeira, vidreiros, tintureiros, panadeiros, mariñeiros, lavandeiras ou un secadoiro de bacallau.
Xunto a estes elementos, destacan tamén as figuras dos Reis Magos de Oriente, a Sagrada Familia e Herodes. Cada ano, o Belén incorpora novas escenas e elementos decorativos, o que o ten consolidado como unha das propostas máis representativas do Nadal viveirense.
A alcaldesa Mariña Gueimunde salientou a importancia cultural e social deste Belén: «Viveiro ante o Berce é unha tradición que une xeracións e que representa o agarimo coa que a nosa cidade celebra o Nadal. É unha oportunidade para recuperar a memoria colectiva, para atraer visitantes e para compartir un espazo que simboliza convivencia, cultura e identidade».




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



