A Asociación de Hostalería de Burela, en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, organiza as xornadas gastronómicas “Ponte de Peixe Espada” durante a ponte de decembro
Burela, 4 de decembro, 2025. Nove locais hostaleiros de Burela celebran esta fin de semana as xornadas gastronómicas do Peixe Espada, nas que se poderán degustar diferentes pratos do peixe máis representativo da frota de palangre de superficie local, que os pesca peza a peza con anzol en augas internacionais e europeas do Atlántico durante todo o ano.
A hostalería de Burela segue potenciando así a súa oferta gastronómica durante as pontes festivas de outubro e decembro, xa que na pasada ponte do Pilar celebrouse a “Ponte de Merluza D& Burela”.
Desde a Asociación de Hostalería de Burela agradecen á OPP Porto de Burela “este tipo de sinerxias que está a facer co noso sector; desde as cociñas da AHB tamén queremos fomentar e potenciar o consumo de peixe de verdade e de calidade”.
Esta campaña realízase en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu plan de produción e comercialización anual, cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.
Desde OPP Burela seguen promocionando así o consumo de peixe como base dunha vida saudable, ademais de poñer en valor as principais especies das súas frotas. O pasado mes de maio, durante a feira Expomar e en colaboración coa interprofesional pesqueira Interfish, xa se celebrou un espectacular ronqueo de peixe espada para dar a coñecer esta pesquería, que, xunto á quenlla, son as dúas especies de maior importancia en volume de capturas e facturación despois da pescada do pincho.
O peixe espada é un peixe azul cunha carne moi saborosa e dunha textura ideal, cun sabor suave e sen espiñas, polo que é idóneo para que o consuman todo tipo de persoas.
Do venres 5 ao luns 8 de decembro poderán degustarse os seguintes pratos de peixe espada en Burela: A Lonxa: Albóndegas de peixe espada en salsa de tomate con albáfega fresca e patacas palla. A’Mares: Mini hamburguesa de peixe espada con pulpa de aguacate e cebola morada. Contraste: Crepe de peixe espada con crema de marisco. La Cocina de la Yaya: Ceviche de peixe espada con crocante de verduriñas e leite de tigre. L’Urbana: Peixe espada crocante con alioli de lima. Rompeolas: Cachopo de peixe espada. Salitre: Raxo de peixe espada. Sargo: Salpicón de peixe espada. Venetus: Peixe espada en salsa mariñeira.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



