Olimpia López realizou a súa primeira visita institucional á Casa do Concello e asistiu ao acto cultural xunto á alcaldesa, Marta Rouco
Vilalba, 4 de decembro de 2025. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e os concelleiros Eduardo Vidal, Ignacio Criado e Luis Fernández recibiron hoxe no Concello á subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, quen realizou a súa primeira visita institucional ao municipio desde que tomou posesión do cargo.
Durante o encontro, abordáronse temas de colaboración entre ambas administracións, así como o interese compartido de continuar impulsando iniciativas que repercutan directamente no benestar da veciñanza de Vilalba.
Tras a recepción oficial, a alcaldesa e a subdelegada desprazáronse ao Auditorio Municipal, onde tivo lugar a representación da obra teatral “As alumnas”, unha iniciativa promovida pola Subdelegación do Goberno coa colaboración do Concello de Vilalba. O acto contou coa presenza de parte do alumnado do IES Santiago Basanta Silva, profesorado e público xeral.
Marta Rouco destacou a importancia de que a mocidade poida acceder a propostas culturais que fomenten o pensamento crítico: “A memoria democrática é unha ferramenta esencial para comprender o camiño percorrido como sociedade e para defender os valores de igualdade e liberdade”, subliñou a rexedora.
“As alumnas”, producida por Culturactiva, aborda o papel das mulleres na historia da educación en Galicia e as consecuencias que tivo o retroceso dos dereitos e liberdades durante o franquismo.
A alcaldesa agradeceu á Subdelegación do Goberno en Lugo a elección de Vilalba como sede desta proposta cultural, así como a implicación do instituto e de todas as persoas que participaron no acto.
“Actividades como esta fannos medrar como comunidade. Queremos seguir apostando pola cultura como espazo de encontro, reflexión e futuro”, concluíu Marta Rouco.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



