O sábado 20 de decembro, ás 11:30 horas, terá lugar no xacemento unha visita comentada por persoal técnico, será gratuíta e non require inscrición
Lugo, 12 de decembro de 2025.- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de rematar traballos de conservación e consolidación no castro de Zoñán, en Mondoñedo, aos que destinou un orzamento de 13.700 euros.
Como colofón, organiza para o vindeiro sábado 20 de decembro, a partir das 11:30 horas, unha visita comentada pola restauradora que executou a intervención, Alba Losada García, e o arqueólogo do Concello de Mondoñedo, Abel Vigo García. A participación é gratuíta e non require inscrición.
Nesta última campaña actuouse sobre as estruturas xa escavadas, reparando elementos como pezas das cabeceiras que estaban soltas ou desprazadas.
Tamén se procedeu á consolidación definitiva e acondicionamento das estruturas arqueolóxicas que conforman unha das vivendas, que contaba cunha cabeceira provisional que foi eliminada, realizándose traballos de recrecido de muros. Ademais, limpouse a vexetación e arranxáronse os paneis informativos.
O castro de Zoñán foi uns dos primeiros en ser escavados en Galicia, en concreto no ano 1867 por José Villaamil y Castro, quen descubriu dúas estruturas e diversos elementos de cultura material (muíños, cerámicas e obxectos de metal en bronce e ferro).























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



