A Xunta de Goberno deste venres aprobou licitar novos investimentos no Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla; e foron adxudicadas as obras de emerxencia para reparar a ponte na LU-P-0208, á altura de Rubeiro en Alfoz; e os traballos de mellora dos accesos e ampliación da zona dos silos na Granxa Experimental de Castro de Rei
Lugo, 12 de decembro de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un conxunto de investimentos por case 1,4M€ para realizar novas obras, infraestruturas e a mellora de servizos que beneficiarán directamente aos veciños e veciñas de seis concellos da provincia.
No caso do concello de Antas de Ulla deuse o visto e prace á contratación das obras de construción dun almacén para gardar maquinaria e ferramentas agrícolas e forestais no Parque Central de Galicia, situado no lugar de Nugallás, no concello de Antas de Ulla. Este novo edificio, que facilitará o traballo de mantemento do complexo, construirase nunha parcela provincial de 15.452 metros cadrados, limitando ao sur coa estrada LU-P-0301 e ao norte cun camiño municipal, desde o que se prevé o acceso á nova edificación.
A nova construción, cun investimento de preto de 17.500 euros, terá unha planta rectangular de 12,60 por 8,60 metros, cun total de 108 metros cadrados. Contará cunha cuberta a dúas augas con tella curva e remataras e con morteiro hidrófugo e un zócolo de granito, mantendo o estilo do resto das instalacións do Parque Central de Galicia.
Así mesmo, quedaron adxudicadas as obras de emerxencia para reparar a ponte da estrada LU-P-0208, á altura de Rubeiro, que conecta as parroquias das Oiras e O Pereiro, no concello de Alfoz. A actuación cun orzamento de case 46.000 euros require dunha intervención inmediata debido ao risco de afundimento da estrutura danada polas chuvias. A institución provincial pechou ao tráfico a vía no punto quilométrico 2,900 afectado ata que rematen as actuacións das que se encargará a empresa Hermanos Pico Yáñez S.L. A Deputación habilitou desvíos alternativos, coa finalidade de garantir a seguridade dos usuarios da estrada e evitar calquera risco derivado da deterioración da ponte.
Tamén se a adxudicación das obras de acondicionamento e ampliación da zona de silos da Granxa Experimental de Leite, situada na Granxa Gayoso en Castro de Rei. Os traballos, que se executarán con un investimento de case 93.000 euros en un prazo dun mes desde o seu inicio, foron adxudicados á empresa Maferqui SLU. A actuación permitirá mellorar os accesos para maquinaria pesada e ampliar os silos de forraxe, reforzando así a eficiencia e a actividades das instalacións punteiras.
Este centro desenvolvida en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, conta con 82 vacas frisoas —45 en produción— e funciona como un laboratorio vivo para o alumnado do Campus Terra. Con esta actuación, ao igual que en toda a actividade que mantén na Granxa, pon a formación, a investigación e a innovación ó servizo dos gandeiros e gandeiras da nosa provincia como una clara aposta polo sector primario.
Preto de 1M€ para actuacións en Lugo, Castroverde e Foz
Na reunión desta mañá, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou diversos acordos conxuntos cos concellos de Lugo, Castroverde e Foz, cun investimento total próximo a 1 millón de euros, destinados a mellorar infraestruturas e servizos nos municipios.
Un dos acordos máis relevantes aprobados hoxe foi no Concello de Lugo para a renovación integral da Avenida Adolfo Suárez, un dos principais accesos á cidade pola zona da Fervedoira. A Deputación, que tamén redactou o proxecto, achegará máis de 800.000 euros para transformar este espazo estratéxico, conectando coa Campiña, o Hospital Lucus Augusti, a A-6 e a N-640, e garantindo que a avenida se converta nunha das principais entradas á futura Estación Intermodal desde a autovía.
A actuación desenvolverase en dúas fases. A primeira intervirá no tramo urbano comprendido entre a glorieta da rúa Serra de Meira e Montero Ríos, coa renovación do firme, melloras nos servizos, posta en altura de tapas de sumidoiros, retirada de fitos e sinais previos á pavimentación, e actualización da sinalización con pintado reflectante. A segunda fase incluirá a urbanización completa do resto da avenida, cunha plataforma formada por dous carrís de 3,50 metros, beirarrúas de 0,50 metros e beirarrúas de 2 metros a ambos lados, ademais da creación dunha glorieta que mellorará a fluidez e a seguridade da circulación.
Ademais, a Deputación achegará 50.000 euros ao Concello de Lugo para colaborar nos actos organizados na capital coa conmemoración da declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
No Concello de Castroverde, aprobouse un investimento de 50.000 euros para a adquisición dun tractor de segunda man, que permitirá realizar tarefas de mantemento, roza e limpeza da rede de camiños municipais.
En Foz, destínase tamén un investimento de 50.000 euros á renovación integral do firme nos viais do Camiño Atalaia e da Rúa Uxío Novoneyra, dúas rúas situadas no centro da vila e que dan acceso á praia da Rapadoira. A actuación consistirá no fresado do pavimento actual e na posterior extensión de aglomerado en quente, incluíndo a renovación da sinalización horizontal, a demolición dunha rígola de formigón en mal estado e a instalación de dous novos sumidoiros, co obxectivo de optimizar a recollida de augas pluviais e evitar acumulacións que poidan deteriorar o firme no futuro.
Adxudicación do último lote para equipar Augasmestas
Na reunión desta mañá, a institución provincial avanzou no acondicionamento do complexo turístico de Augasmestas. Concretamente, adxudicouse por 99.704€ o último lote do contrato de equipamento desta instalación que ten que ver con mobiliario xeral. A empresa adxudicataria é Ofivimar S.L e o prazo de entrega será de dous meses. Este paquete inclúe equipamento para a piscina, recepción, vestiarios, aseos ou material para os bungalows.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



