O 18 de decembro de hai un ano, Viveiro foi testemuña dunha das mostras máis crueis da violencia machista. A nosa veciña Rejane foi asasinada pola súa parella. O seu asasinato non só nos deixou unha dor profunda, senón que tamén nos obrigou a reflexionar sobre a persistente lacra da violencia machista, que continúa a ser un problema estrutural na nosa sociedade.
Rejane, unha muller que viñera de Brasil para construír en Viveiro a súa vida, onde estaba a piques de converterse en avoa, foi arrebatada á súa familia, ás súas amizades e, sobre todo, á súa propia liberdade. A violencia machista é unha realidade que afecta ás mulleres sen importar a súa orixe, clase social, idade ou raza, pero cébase especialmente con aquelas máis vulnerables. É un problema colectivo que afecta a toda a sociedade, e por iso, a loita contra esta lacra debe ser un compromiso compartido.
Neste sentido, desde o BNG consideramos que, fronte aos recortes na loita contra a violencia machista dun Partido Popular que mantivo no cargo durante meses a un conselleiro denunciado por unha agresión machista, son necesarias por parte de quen representa á institución da Xunta medidas máis exemplares, responsables e contundentes: maior orzamento e máis recursos para garantir a protección das vítimas, pero tamén para crear máis servizos públicos especializados que as acompañen e axuden a romper os círculos de violencia. E, sen lugar a dúbidas, máis feminismo nas políticas públicas, como base para un cambio cultural real, e desde a educación, que promova a igualdade e preveña a violencia desde as súas raíces.
Ademáis, a protección das vítimas non é só responsabilidade das administracións públicas ou das forzas de seguridade, senón de todas as persoas que formamos parte desta sociedade. A violencia machista é un problema colectivo que require dun cambio profundo nas estruturas sociais que permiten que a desigualdade se perpetúe.
A maioría das vítimas non denuncian por medo, desconfianza ou falta de recursos axeitados. Por iso é o noso deber como sociedade falar máis da violencia machista, visibilizala, denunciala, analizar as súas causas e traballar conxuntamente para erradicala.
O asasinato de Rejane lémbranos que non hai desculpas nin motivo que xustifiquen ningunha agresión machista, nin no ámbito privado nin no público. Ningún home debe ter poder sobre a vida dunha muller.
Cada vida é inalienable e debe ser respectada en toda a súa dignidade.
In Memoriam:
Homenaxe a Rejane e a todas as vítimas de violencia machista. O seu recordo é o noso alicerce para continuar loitando con firmeza e contundencia contra a violencia machista, e para que a igualdade sexa unha realidade
Iria Cotelo Cociña.
Portavoz municipal do BNG en Viveiro e Vice-responsábel comarcal do BNG en A Mariña



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



