Rexistran unha moción para instar á Xunta a devolver o facultativo, cubrir a praza e reforzar a Atención Primaria no concello
Abadín, 18 de decembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Abadín vén de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario para abordar con carácter urxente a situación sanitaria do concello tras o traslado dun médico do centro de saúde de Abadín ao de Vilalba, unha decisión que deixa ao municipio cunha atención médica insostible e supón un novo golpe á Atención Primaria.
Segundo explican os socialistas, a marcha deste facultativo supón que o centro de saúde quede cun único médico para atender unha poboación maioritariamente envellecida, unha circunstancia que “compromete seriamente a calidade da atención sanitaria e a continuidade asistencial”, dous piares básicos para garantir unha asistencia digna á veciñanza.
O PSdeG sinala que, tras producirse o traslado, recibiron numerosas queixas por parte da cidadanía, que percibe esta perda como “un novo recorte nos servizos públicos básicos do concello”. Ante esta situación, os socialistas reclaman que o goberno municipal do PP tome cartas no asunto, asuma responsabilidades e defenda os intereses da veciñanza, instando ao retorno do médico trasladado, cuxa marcha supón unha importante perda para todas as veciñas e veciños.
Os socialistas consideran preocupante e xa habitual a falta de reacción do equipo de goberno ante esta problemática, unha pasividade que contrasta coa proactividade demostrada noutros concellos da contorna, como Guitiriz, Xermade ou Láncara, onde si se apoiaron mobilizacións veciñais en defensa da sanidade pública.
A moción rexistrada polo PSdeG insta á Consellería de Sanidade a proceder ao retorno do médico trasladado ao centro de saúde de Abadín e, no caso de que ese retorno non sexa posible, reclama a cobertura inmediata da praza vacante para evitar que o concello “continúe perdendo recursos humanos na Atención Primaria”.
Na proposta tamén se recolle a demanda de que a Consellería non siga aplicando recortes de persoal sanitario e se adopten medidas que permitan garantir unha dotación estable de profesionais no concello. Así mesmo, reclaman a recuperación do servizo de pediatría e a posibilidade de estudar incentivos locais que faciliten a chegada e permanencia de médicos no municipio.
Os socialistas conclúen que a perda dun médico non pode asumirse “con resignación nin silencio institucional” e subliñan que “o goberno municipal de Abadín ten a responsabilidade de posicionarse con claridade e firmeza cando está en xogo un dereito básico como é o acceso á atención sanitaria”.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



