Ribadeo, 18 de decembro de 2025. Acisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de máis de 15.000 unidades, que están dispoñibles gratuitamente para o comercio asociado para esta campaña de Nadal.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos a facer polo Nadal este ano tamén entregamos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Primeiro fixémolo cos envases de hostalería, hai uns meses, despois para o comercio co papel e as etiquetas de regalo e agora cunha nova remesa de 15.000 bolsas de comercio para repartir gratuitamente entre os establecementos asociados”.
E engadiu: “deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados e asociados, que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles proporcionamos de forma gratuíta, e que sen dubida é unha das súas maiores demandas, sobre todo na campaña de Nadal”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “estas novas bolsas teñen un deseño renovado. Utilizamos a imaxe corporativa de Acisa deste ano 2025, na que se poden ver diferentes edificios de Ribadeo baixo o slogan Ribadeo Emprende, Ribadeo comercio vivo. Con estes dous slogans pretendemos poñer en valor dúas realidades da nosa vila, por un lado, que Ribadeo é un pobo emprendedor, onde día a día se poñen en marcha novos proxectos empresariais que dan traballo e vida a este concello, e a segunda realidade, que Ribadeo ten un comercio vivo, que a diario atende a veciñanza e visitantes co obxectivo de satisfacer as súas demandas e necesidades. O tamaño das bolsas é o habitual, de tipo mediano que serve para unha gran maioría dos negocios, son de papel reciclado e biodegradables”.
E subliñou que “aqueles asociados e asociadas que solicitaron con antelación estes materiais así coma o papel e as etiquetas de regalo, poden comezar a recollelos nas oficinas de Acisa, na rúa San Roque, 57-baixo, de 9:30 a 14:30 horas”.
Carmen Cruzado agradeceu “a colaboración de todas as administracións coas que contamos e traballamos desde Acisa, que sempre buscan o apoio ao tecido empresarial ribadense e sobre todo a súa dinamización económica e neste caso concreto grazas á Xunta de Galicia e ao Concello de Ribadeo que co financian estes materiais”.
Na presentación das novas bolsas de Acisa participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, a tesoureira da asociación, Manoli Torviso, e o xerente, Jesús Pérez.
Ampliacións horarias polo Nadal
Acisa Ribadeo informa da resolución que autoriza as ampliacións horarias para os establecementos de hostalaría con motivo de distintas festividades ao longo do Nadal 2025/2026 e do ano 2026.
Segundo explica Jesús Pérez, xerente do colectivo empresarial ribadense: “no período de Nadal 2025/2026, a ampliación será aplicable ás madrugadas comprendidas entre o 22 de decembro de 2025 e o 6 de xaneiro de 2026, con motivo das celebracións do Nadal. Así mesmo, durante o ano 2026 contémplanse ampliacións horarias nos seguintes períodos festivos: Entroido, nas madrugadas do 12 ao 18 de febreiro; Semana Santa, nas madrugadas do 29 de marzo ao 5 de abril; Ribadeo Indiano, nas madrugadas do 10 ao 12 de xullo; festas de San Roque, nas madrugadas do 14 ao 17 de agosto; e festas patronais de Santa María do Campo, nas madrugadas do 1 ao 9 de setembro”. E dixo: “aínda que se solicitou unha ampliación horaria para un maior número de días, non foi posible conseguila”.
Pérez Prada indicou: “durante estes días, os establecementos hostaleiros disporán de dúas horas adicionais sobre o seu horario habitual de licenza, quedando fixados os novos horarios de peche do seguinte xeito: bares e cafeterías, das 02:30 pasan ás 04:30 horas ; pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada; e discotecas e salas de festas, das 06:00 ás 08:00 da mañá”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou que “lembramos o valor e a importancia destas medidas como un apoio ao sector hostaleiro en períodos de especial afluencia de público e agardamos poder seguir traballando desde Acisa para defender os intereses do tecido empresarial local en xeral e, en particular, da hostalaría ribadense. Aproveitamos a ocasión para desexarlles a todas as asociadas e asociados e á súa clientela unha boas festas e un feliz aninovo. Nestas datas e o resto do ano agardamos seguir contando coa súa fidelidade para que os nosos negocios sigan vivos e para que Ribadeo continúe a ser o referente que é en toda a contorna”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


