É evidente e habitual no ser humano cometer erros, meter a pata ata o fondo e, se alguén o descobre, tratar de sacala sen facer moito ruído. Ás veces ata se pide perdón pola equivocación cometida e trátase de desandar o camiño percorrido na medida do posible… aínda que iso non é aquí deporte nacional. Pero claro, hai certos erros que, por aquilo do cargo e da gravidade da equivocación, resultan imposibles de entender… e máis cando un ve a reacción daquel que comete a falta.
Desde logo hai xente que non sabe comportarse, xente que o que mellor sabe facer é tocar os Collins o veciño de turno e sinalar, co seu dedo inquisidor e retorto, o máis mínimo motivo para, sendo ou non incorrecto e certo, sacarlle os máximos defectos. Non importa que ninguén faga algo similar antes, que se faga con todo o agarimo, que supoña moitas horas de esforzo ou un gran investimento… non, todo iso non lles importa unha merda a todos eles, aos que se cren en poder da verdade, da sabedoría e o coñecemento e sobre todo do poder, sexa este raquitico, mediano ou grande ou do tipo cagabandurria.
Son os derrotistas, é dicir, eses listiños de quenda que se cren capacitados para falar de calquera cousa aínda que non teñan nin poñetera idea, aínda que non saiban da historia a metade. Non temen meter a pata ata a entreperna, nin quedar no máis absoluto dos ridículos, o seu só é criticar o labor dos demais, do modo máis acedo e nocivo posible, sen levar a cabo sequera unha soa crítica construtiva, senón encher follas, papeles e radios desas queixas negativas que case invitan ao suicidio colectivo.
Inútiles e incapaces de crear algo, os derrotistas limítanse a farfullar comentarios ditatoriais, putear o proximo e a crer, na súa absoluta mala leite, que separan o ben do mal e un mandato biblico. (Un que eu me sei, que antes se paseaba por cestas lareiras, adáptase moi ben a esta descrición, verdade? Jejeje…). Así que… pasando que é xerundio… ou non? E se non… ¡Mira, que lle la pique un alacran e a rañala!.
Otero Regal


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



