Ribadeo, 23 de decembro de 2026. Ribadeo aprobou hoxe o orzamento para 2026 que ascende a 12,2 millóns de euros. Foi no pleno extraordinario e urxente celebrado ás 20 horas.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “esta tarde noite temos pleno no Concello de Ribadeo. Van varios asuntos na orde do día. O primeiro deles é garantir uns orzamentos para o 2026. Estamos a falar dunha cantidade de 12,2 millóns de euros. Son uns orzamentos continuístas, uns orzamentos que planifican inversión, que garanten todo o funcionamento do Concello e son uns orzamentos que seguramente se incrementan polo nivel de convenios que vamos afirmar no 2026. Partimos deses 12,2 millóns de euros dentro dunha responsabilidade orzamentaria, pero evidentemente uns orzamentos para seguir avanzando”.
Novo centro de saúde
O rexedor indicou: “tamén vamos firmar en breve un convenio coa Xunta de Galicia para entregarlle os terreos para construír o novo centro de saúde, pero primeiro temos que aprobalo en pleno. Temos que aprobar a entrega dos terreos, que xa son titularidade municipal, e agora o que vamos facer é a cesión para o Sergas, é dicir para a Xunta de Galicia. E eles mesmos empezarán a redactar o proxecto, o 26 firmamos o convenio e estamos garantindo unha obra importantísima para o Concello de Ribadeo, que é contar cun novo centro de saúde e con novos servizos sanitarios”.
Cesión do Teatro
Vega contou que “tamén vamos levar un tema importante ao pleno de hoxe, un tema para aforrar, pero tamén con vocación de mellorar. Primeiro, o convenio cunha cesión gratuíta ao Concello de Ribadeo para ter a xestión diaria do Teatro e a Filantrópica o que nos entrega é gratuitamente, durante 25 anos, o Teatro de Ribadeo. Con iso vamos aforrar 700 euros mensuais, pero cunha clara vocación máis ambiciosa, que é xestionar un convenio para o arranxo, dunha vez por todas, do Teatro de Ribadeo. É un traballo ben feito, e quérolle agradecer á Filantrópica Dramática todo o traballo que fixo ata o de agora e durante estes meses, tamén un traballo en conxunto co Concello para que se fixera realidade unha cousa que nosoutros xa falábamos dela na oposición. Agradézolle á directiva da Filantrópica Dramática todo o traballo que está a facer, pero tamén agora vamos empezar un traballo conxunto, un traballo de xestión para, de unha vez por todas, arranxar un edificio emblemático, que está no centro, que é o mellor auditorio, que é o mellor espazo cultural que ten Ribadeo”.
Residencia de maiores
Na sesión plenaria desta tarde: “tamén imos mellorar ese convenio coa Deputación, dado que temos que firmar o convenio 2026-2030 para a xestión diaria da residencia de Ribadeo. É un convenio que vai beneficiar a Ribadeo, vamos ver que nos propón, pero desde logo ese convenio xa vai traer máis recursos ao Concello de Ribadeo, xa que nos vai custar menos e polo tanto agradecer á Deputación toda esa colaboración. E tamén vamos firmar un convenio co Concello de Barreiros para volver realizar os obradoiros de emprego. Aquí presentamos o obradoiro Constrúe en Verde, a segunda fase. E tamén vamos aprobar a comisión de seguimento para as obras da rúa Buenos Aires. Aquí hai un convenio coa Xunta de Galicia en beneficio directo do Concello, xa que arranxa 100% a rúa Buenos Aires, que xa é titularidade de Portos de Galicia da Xunta”.
Dani Vega engadiu: “un pleno cargado de asuntos, un pleno onde abordamos asuntos de interese para Ribadeo, e máis inversión, máis xestión e, en definitiva, un pleno que significa que Ribadeo avanza”.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



