O Goberno destina máis de 8 M€ en Vilalba para impulsar a dixitalización, mellorar o saneamento da vila e protexer o patrimonio, entre outros eidos, “co futuro Concello como mellor exemplo: será un edificio moderno, accesible e eficiente”
Vilalba, 23 de decembro de 2025. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou esta mañá en Vilalba o compromiso municipalista do Goberno de España no seu apoio aos concellos galegos para afrontar a mellora das súas infraestruturas, obras que en ocasións resultan complicadas de executar para as pequenas administracións polos seus custos e envergadura. O delegado supervisou os traballos que se levan a cabo da man do Goberno na Casa do Concello de Vilalba coa súa alcaldesa, Marta Rouco, e a subdelegada en Lugo, Olimpia López
Pedro Blanco puxo en valor ditas obras, para as que o Concello de Vilalba recibe do Goberno 943.000 euros, o 85% do total, que completa o propio consistorio. O edificio resultante pasará a ser eficiente enerxéticamente ao reducir nun 80% o seu consumo, mellorando as instalacións e abaratando custos para o municipio, que poderán ser destinados a outras partidas de eido social. Isto lógrase dotando de máis iluminación natural ao edificio, adquirindo tecnoloxía LED, mellorando a envolvente térmica e instalando placas solares fotovoltaicas, de xeito que se acada a autosuficiencia enerxética.
Esta acción, impulsada polo Goberno a través do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) no seu apartado local, é unha das máis senlleiras en Vilalba, onde o Goberno destina en total máis de 8 millóns de euros para diversos traballos, que contemplan desde a dixitalización mediante o Programa UNICO Banda Ancha, a mellora do saneamento a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a renovación do alumeado nas rúas coas axudas do IDAE ou a conservación do seu patrimonio servíndose das axudas aos Paradores. Esta última acción percibe para o de Vilalba máis dun millón de euros e atópase na súa fase final.
Pedro Blanco subliñou que o impulso do Goberno de España chega a todas as vilas de Galicia e faino con criterio, “xa que investimos onde o necesitan os concellos galegos, dando resposta aos problemas da súa veciñanza e mellorando o seu día a día con accións útiles”. Seguindo esta liña, puxo en valor o éxito do PIREP Local na comunidade, onde financia 49 proxectos para un total de 43 concellos por unha cifra superior aos 50 millóns de euros, 3,2 deles na provincia de Lugo para unha suma de sete municipios. Este programa ten unha división autonómica, a través da que o Goberno lle transferiu á Xunta máis de 27 millóns de euros para obras de mellora en edificios públicos da súa titularidade.
Precisamente polo seu traballo e por non desaproveitar a oportunidade que supón o PIREP para a súa vila, o delegado felicitou á alcaldesa, “pois grazas á súa visión e labor constantes a veciñanza poderá dispor dunha Casa do Concello á altura das súas necesidades”. Lembroulle, ademais, que o Goberno de España sempre estará ao carón dos e das vilalbesas.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



