Dende o PP de Lugo amosan o seu apoio e solidariedade ás vítimas e reclaman que os feitos se investiguen ata as últimas consecuencias advertindo de que “calquera intento de minimizar ou ocultar situacións deste tipo supón unha mensaxe negativa para a loita contra a violencia de xénero e un grave prexuízo para a confianza da cidadanía nas institucións”
Lugo, 23 de decembro de 2025. O PP de Lugo defenderá nos vindeiros plenos da Deputación de Lugo, do Concello de Lugo e do Concello de Monforte de Lemos unha moción para reprobar a José Tomé Roca, e a quen o encubriu, polos “gravísimos” feitos coñecidos publicamente nos últimos días e para esixir responsabilidades acordes á gravidade das denuncias por presunto acoso sexual.
Así o anunciaron os voceiros en cada unha das administracións, Elena Candia, Antonio Ameijide e Katy Varela.
Os populares consideran que “estamos ante unha situación sen precedentes na provincia, que require explicacións claras, transparencia absoluta e unha resposta institucional firme, á altura do que a sociedade demanda cando se coñecen feitos desta natureza, especialmente cando afectan a persoas que ostentaron as máximas responsabilidades políticas e institucionais”.
Dende o PP de Lugo amosan o seu apoio e solidariedade ás denunciantes e reclaman que os feitos sexan investigados ata as últimas consecuencias, tanto no ámbito xudicial como no político, advertindo de que “calquera intento de minimizar ou ocultar situacións deste tipo supón unha mensaxe moi negativa para a loita contra a violencia de xénero e un grave prexuízo para a confianza da cidadanía nas institucións”.
Os populares preguntan “que poden pensar as mulleres do PSOE ao ver como unha persoa acusada, presuntamente, de varios casos de acoso sexual segue sentada no mesmo sillón, tirando polo chan o que dicían que eran os principios identitarios do seu propio partido”.
O BNG terá a oportunidade de demostrar publicamente se vai a seguir blanqueando a Tomé, ao partido que tapou todo e a deputada que o encubriu, ou se vai a optar por poñerse do lado das vítimas e deixar de inventar escusas para intentar desviar a atención. “Teñen que elixir, ou están do lado das vítimas ou seguirán por defender os seus sillóns mirando cara outro lado”, sinalaron.
No caso da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo, o PP defenderá a reprobación de José Tomé e dos responsables socialistas que, segundo diversas informacións, coñeceron as denuncias e non actuaron.
Pola súa banda, no Concello de Monforte de Lemos, o Grupo Municipal Popular solicitará a dimisión de José Tomé como alcalde, ao considerar que a gravidade dos feitos denunciados é absolutamente incompatible co exercicio de calquera responsabilidade institucional, máis aínda tratándose da máxima autoridade municipal.
Desde o PP de Lugo lembran que “asumir responsabilidades políticas non é unha condena xudicial, senón unha esixencia ética e democrática imprescindible para preservar a dignidade das institucións e o respecto ás vítimas”.
“Lugo non pode mirar para outro lado ante uns feitos tan graves e dende as institucións debemos enviar unha mensaxe clara á cidadanía: tolerancia cero fronte a calquera conduta que atente contra a liberdade e a dignidade das mulleres”, sinalaron.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



