Denuncian que o PP manteña cinco dedicacións exclusivas nun concello de 3.300 habitantes sen que iso se traduza en propostas, proxectos nin resultados para a veciñanza
Xove, 23 de decembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Xove denuncia que os Orzamentos municipais para 2026 volven repetir o mesmo esquema dos últimos dezaoito anos: unhas contas continuístas, sen ambición política nin planificación estratéxica e incapaces de ofrecer respostas reais aos problemas e retos de futuro do concello.
O proxecto orzamentario presentado polo goberno do PP ascende a 9.212.000 euros en ingresos e contempla un superávit próximo ao millón de euros. Porén, desde o PSdeG advirten de que estas elevadas cifras non se traducen en melloras para a veciñanza nin en novas oportunidades de desenvolvemento para Xove.
No capítulo de gastos, os socialistas poñen o foco no escaso peso das inversións, que apenas acadan os 400.000 euros, o que supón só un 4,86% do orzamento total. “Un concello que queira mirar ao futuro debería destinar, como mínimo, un 20% do seu orzamento a inversións e novos proxectos, o que neste caso suporía máis de 1,8 millóns de euros”, sinalan dende o PSdeG.
Neste sentido, consideran moi preocupante que arredor de 1,6 millóns de euros se destinen a empresas privadas, “apostando unha vez máis por externalizar servizos en lugar de reforzar a xestión pública e impulsar proxectos propios que melloren o concello”.
Os socialistas denuncian ademais que os grandes problemas estruturais de Xove non aparecen recollidos nos orzamentos. En materia de urbanismo non aparece ningunha actuación vinculada á creación de novas rúas, vivendas ou instalacións deportivas, e tampouco se contemplan melloras en sanidade ou en educación, tras máis de vinte anos sen avances significativos.
A esta falta de planificación engádese a ausencia de actuacións en proxectos concretos como o polígono industrial, que segue acumulando promesas sen concreción, ou o Porriño de Morás, que unha vez máis queda limitado a anuncios sen contido efectivo. Tampouco se aprecia ningunha aposta pola mellora do saneamento nin polo tratamento de residuos, máis alá do incremento de custos para a veciñanza sen achegar solucións nin medidas novas.
Desde o PSdeG critican tamén que o alcalde volva recorrer á estratexia de botar balóns fóra, culpando á Deputación de Lugo e ao Goberno de España, cando “é precisamente a Deputación a que está a traer investimentos reais a Xove fronte á pasividade do goberno local e da Xunta de Galicia”.
Ademais, consideran “un auténtico escándalo” que nun concello de apenas 3.334 habitantes o PP manteña cinco dedicacións exclusivas, “sen que iso se traduza en propostas, proxectos nin resultados para a veciñanza”.
“Estamos ante uns orzamentos continuístas, baleiros de ideas e sen visión de futuro, que consolidan a perda de poboación e a falta de dinamismo dun concello que manexa un orzamento moi superior ao doutros municipios da súa categoría”, conclúen desde o PSdeG, que ven nestas contas “a constatación dunha nula planificación política tras case dúas décadas de goberno do PP”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



