Foz, 4 de xaneiro, 2025. Pastelería Cafetería Anduriña, de Foz, sortea unha fin de semana de turismo rural entre a clientela que merque os seus roscois de Reis na tenda ata o 11 de xaneiro e, este ano, por primeira vez, tamén haberá premio para aquelas persoas que fagan os seus encargos en liña.
Todos os tickets de Pastelería Anduriña, ata o próximo 11 de xaneiro, que inclúan algún roscón de Reis entrarán no sorteo dunha estancia de fin de semana para dúas persoas en Casa Castiñeira, en Muxía (inclúe dúas noites, dous almorzos e detalle de benvida). E este ano, por primeira vez, Pastelería Anduriña quere premiar tamén a fidelidade das persoas que fan os seus encargos en liña. Entre esa clientela sortearán unha noite nas Cabañas Camiño do Mar, en Foz (inclúe jacuzzi e almorzo para dúas persoas). Desde Anduriña explican que “la venta on line de roscones de reyes está funcionando muy bien y por eso este año pensamos en premiar también a esa fiel clientela con la que contamos en diversos puntos de la geografía española. Queremos que vengan a conocer y a disfrutar de Foz”.
Pastelería Anduriña elabora o roscón tradicional e tamén os fai recheos de crema, nata, chocolate, pistacho e trufa. Ademais de no propio establecemento, situado na avenida Álvaro Cunqueiro, poden mercarse en liña a través da web www.andurinafoz.com e nos teléfonos para reservas 982 132 554 ou móbil 648 44 81 57.
O sorteo dos dous premios realizarase o 14 de xaneiro de 2026 en Radio Foz.
Desde Pastelería Cafetería Anduriña deséxanlle a toda a súa clientela unhas felices festas e un próspero ano novo.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



