Desde o ano 2009 se teñen incorporado ás actividades agrogandeiras do rural galego máis de 5.000 mozos, subliñaron
Friol, 28 de decembro de 2025. Os deputados do Grupo Popular Enrique Barreiro, Nicole Grueira e Raquel Arias visitaron hoxe a explotación gandeira de Lácteos Conchy en Friol, “unha mostra do impulso que a Xunta está a dar á remuda xeracional no sector agrogandeiro galego, destinando este ano 36 millóns de euros en axudas para facilitar a incorporación de mozos ao agro”.
“Se ben é importante a formación para contar con profesionais preparados e con explotacións rendibles, modernas e competitivas, tamén é fundamental contar co apoio das administracións para que os proxectos que os mozos impulsen se convertan nunha realidade e se asenten no futuro”, manifestou Enrique Barreiro.
ATA 320.000 EUROS POR PROXECTO
Deste xeito, Nicole Grueira subliñou o apoio que os mozos e mozas galegas reciben na actualidade da Xunta para facilitar a súa incorporación ao rural galego. En concreto, a convocatoria de axudas correspondente ao ano 2025 estivo dotada de 36 millóns de euros, con achegas concretas de ata 320.000 euros por proxecto. “Desde o ano 2009 se teñen incorporado ás actividades agrogandeiras do rural galego máis de 5.000 mozos, que na actualidade tamén contan cun programa de titorización do que xa se levan beneficiado máis de medio milleiro de persoas”, indicou.
Pola súa banda, Raquel Arias centrouse nas axudas coas que contan os mozos galegos para facilitar a súa sucesión nas explotacións gandeiras, unha achega ligada ao Banco de Explotacións que contará cun importe de 2,1 millóns de euros ata 2029. Neste sentido, destacou o traballo que está a desenvolver o Banco de Explotacións, conectando a persoas que pretendan cesar na súa actividade con aquelas interesadas no seu arrendamento, permuta e adquisición co obxectivo de garantir a continuidade da actividade agrogandeira.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



