Ribadeo, 28 de decembro de 2025. A Banda Municipal de Música de Ribadeo encheu de público o auditorio Hernán Naval onte, sábado, no tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena, no que ademais de música houbo moito humor, como é habitual nesta actuación da Banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez.
O concerto comezou coa interpretación de Sandpaper Ballet, de Leroy Anderson, na que actuaron como solistas Daniel Antolín Balea e Gael Bouso Galocha, que tocaron lixas, das que usan os pintores, do que ían disfrazados os dous percusionistas e tamén David Ballester. A continuación a Banda de Ribadeo interpretou estas pezas: Let is snow!, arranxada por Johnnie Vinson; Santa Claus is comin’ to Town, con arranxos de Michael Kamuf; Rudolph the red-nosed reindeer, arranxada por Michael Brown; Christmas a la Big Band, con arranxos de Larry Clark; e Pop Español en Concierto, arranxada por Manuel Castrejón.
E na segunda parte tocaron En los montes de Krapfen, de Johann Strauss con arranxos de David Ballester, na que actuou de solista José Pillado Torres; Zivio, de Johann Strauss e arranxada por John Glenesk; Music from Carmina Burana, de Carl Orff con arranxos de Jay Bocook; The Second Waltz, de Dmitri Shostakóvich e arranxada por André Waignein; e Destellos del Alba, de Ferrer Ferran. Nesta última obra o director da Banda de Ribadeo contou coa colaboración do público, que participou levantándose e movéndose aos lados seguindo as indicacións de David Ballester.
Os bises foron o vals El Danubio Azul e a Marcha Radetzky, as dúas de Johann Strauss. Antes de tocar esta última peza saíu o percusionista Gael Bouso coa caixa marcando ritmos e o director chamoulle a atención en plan cómico e despois David Ballester interactuou co público durante toda a interpretación deste tema.
O director da Banda ribadense, que cambiou de vestimenta varias veces durante o concerto para caracterizarse segundo as pezas que interpretaban, agradeceu a colaboración do Concello e dos operarios Wilmar, Francisco e Xera polo laborioso traballo de montaxe para este evento.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



