Nota de prensa:
A Deputación publicará por primeira vez o BOP electrónico o 3 de xaneiro grazas ó Innova-TE
– O persoal deste servizo comezou a recibir hoxe a formación necesaria para editar o novo Boletín da Provincia, que ten unha media de 7.000 anuncios anuais
– É un paso moi importante dentro do programa tecnolóxico e permite un aforro global de 400.000 euros ó ano
– O novo sistema permitirá ós anunciantes publicar anuncios e pagar a taxa correspondente por internet, sen desprazamento algún á Deputación e con plena validez legal, aínda que tamén estará permitido o sistema tradicional de entrega de documentación no Rexistro de entrada
– Para temas funcionais e administrativos, os interesados poderán chamar e contactar co propio servizo provincial do BOP nos teléfonos 982 26 01 20, 982 26 01 24, 982 26 01 25, 982 26 01 26; ou no enderezo electrónico: boletin@deputacionlugo.org
A Deputación iniciou este luns a formación para o persoal do negociado do Boletín Oficial da Provincia (BOP), que se publicará por primeira vez o 3 de xaneiro en formato electrónico, cumprindo o calendario marcado polo organismo provincial. A Deputación continúa avanzando na implantación da administración electrónica grazas ó Innova-TE, o programa máis ambicioso de toda a Galicia tanto por presuposto como por prazos: 9 millóns de euros, co-financiados nun 70% por fondos FEDER, para que en menos dun ano esté a pleno rendemento a e-administración en toda a provincia.
Trátase dun paso máis que lle permite aforrar ó organismo provincial 400.000 euros anuais. O Boletín ten unha media de 7.000 anuncios ó ano, polo que o novo sistema permitirá simplificar o volume de información, así como o seu trámite administrativo, xa que tanto a inserción de anuncios ou o pago das taxas, como o rexistro das mesmas, poderase facer vía telemática, así como o seu seguimento, publicación definitiva e consulta.
Cartas do Presidente
Para que o novo sistema de pago sexa posible, a Deputación aprobou no Pleno de novembro a ordenanza que dá validez legal a este procedemento. Asimesmo e diante o inminente cambio de formato, o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, enviou unha carta a todos os subscritores anunciándolles que a principios de mes o Boletín deixará de facerse en formato papel. Con todo, informou que aquelas persoas ou institucións que teñan pagado algún mes máis de subscrición seguirano recibindo ata a extinción do seu contrato.
Co novo sistema, publicar no BOP documentación oficial ou particular será máis sinxelo e rápido, xa que non requerirá de desprazamentos e aforrará ós usuarios tempo e cartos. Gomez Besteiro tamén comunicou por carta ós anunciantes frecuentes no BOP os pasos a seguir co novo sistema, que ten todas as garantías legais. Son os seguintes: entrar na web: www.deputacionlugo.org e pinchar “Carpeta do Cidadán”; introducir o DNI electrónico ou, en caso de non telo, haberá que rexistrarse introducindo os datos persoais; seleccionar “Inserción dun anuncio no BOP”; e, finalmente, cubrir o formulario e adxuntar o anuncio en formato word. En todo momento, poderá consultarse o estado do trámite dende a “Carpeta do Cidadán”.
Para temas funcionais e administrativos, os interesados poderán chamar e contactar co propio servizo provincial do BOP nos teléfonos 982 26 01 20, 982 26 01 24, 982 26 01 25, 982 26 01 26, ou no enderezo electrónico: boletin@deputacionlugo.org.
Procedemento de inserción de anuncios no BOP
O cambio de sistema implica que os usuarios, a partir do 3 de xaneiro, poderán empregar a pasarela de pago telemática para facer a inserción dos anuncios. Os cidadáns só terán que dispoñer dun ordenador, conexión a Internet e estar en posesión do DNI electrónico. Os pasos a seguir para realizar este proceso son os seguintes: entrar no apartado Inserción de anuncios no BOP con pago telemático, onde aparecerá un icono específico para esta función. Pinchando neste apartado, o cidadán poderá escoller o modo de pago. A continuación, terá que cubrir os datos e dar a conformidade. Concluído o proceso, o usuario estará en condicións de poder descargar o xustificante de pago.
A Deputación manterá ademais a vía tradicional das publicacións no BOP, presentando no Pazo de San Marcos o anuncio en papel e tamén o arquivo electrónico en word gravado nun CD ou DVD, acompañando a solicitude de inserción correspondente asinada pola persoa autorizada, así como o pago da taxa bancaria. Deste xeito, o organismo provincial mellora o servizo ofrecido ata o de agora ós cidadáns. Será un procedemento moito máis áxil, cómodo, profesional e moderno, grazas á administración aberta os 365 días do ano e as 24 horas do día.
Máis formación sobre a e-administración
A Deputación tamén continúa coa formación in situ, práctica e personalizada, continua e gratuíta nos 51 Concellos que se adheriron voluntariamente ó Innova-TE. 7 técnicos do organismo provincial explican mediante casos prácticos e reais os procedementos a seguir sobre os 80 trámites administrativos que os municipios poderán realizar mediante a Rede. Con este sistema, a Deputación é a primeira administración galega que opta por crear grupos de traballo permanentes para garantir a formación na e-administración. Ademais, o organismo provincial acolleu no mes de setembro o curso que impartiu en Galicia o instituto INTECO sobre a utilización, a seguridade e os beneficios que ofrece o DNI electrónico á hora de relacionarse telematicamente coa administración.
Este curso, no que participaron traballadores da Deputación e dos Concellos, PEMES, Colexios Oficiais e cidadáns en xeral, foi a primeira oportunidadade na Comunidade para recibir formación a custe cero sobre o manexo da administración sen papel por parte do instituto dependente do Ministerio de Industria.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



