A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático reuniuse hoxe co rexedor lucense
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2026. A Xunta prevé que a obra de mellora do abastecemento a Ribadeo e Trabada, que beneficiará a unha poboación potencial de preto de 10.000 habitantes, se adxudique no primeiro semestre deste ano. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, ao alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, con quen mantivo unha reunión esta mañá para abordar este e outros asuntos de interese municipal no marco das súas competencias.
Cómpre lembrar que Augas de Galicia sacou a licitación pública esta actuación o pasado mes de outubro, por un importe de case 7,5 millóns de euros e un prazo de execución de 15 meses. Tras indicar que se recibiron un total de 20 ofertas para acometer a obra, a responsable autonómica explicou que o procedemento de tramitación avanza segundo o previsto e que, de feito, se acaba de proceder á apertura do sobre B, polo que se estima que antes do mes de xuño haberá unha proposta de adxudicación.
O obxectivo desta actuación é corrixir o deterioro da rede de abastecemento existente —construída fai 40 anos— así como as avarías e roturas que sofre e que impiden que se poida garantir a cobertura da demanda de auga actual. Por iso, a conselleira subliñou a importancia dunha actuación que implicará executar unha nova rede de abastecemento que atravesará ambos concellos e mellorará o subministro de auga potable na zona, sobre todo no caso de Ribadeo.
Para tal fin, o investimento da Xunta, a través de Augas de Galicia, será do 80% —con cofinanciamento da UE a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2021-2027— mentres o Concello de Ribadeo asumirá o 20% restante e o de Trabada, porá á disposición os terreos necesarios para a execución das obras.
Esta actuación enmárcase na colaboración tanto técnica como económica que mantén desde hai anos Augas de Galicia cos concellos —que son os competentes en materia de abastecemento, saneamento e depuración— para contribuír a profesionalizar a xestión da auga, garantir o bo estado ecolóxico dos ríos e das rías de Galicia e a mellorar a calidade duns servizos que son básicos para a cidadanía.
De feito, ese compromiso coas administracións locais reflíctese tamén nos orzamentos deste ano, cun orzamento global de Augas de Galicia de 151,7 millóns de euros (un 5,5% máis que en 2025) dos que 7 de cada 10 euros se destinarán a abastecemento e saneamento —108,7 millóns de euros— e case a metade —73,6 millóns de euros—, especificamente a investimentos para mellorar ou construír infraestruturas hidráulicas.
Por outra banda e tamén en materia de augas, a conselleira e mais o alcalde de Ribadeo abordaron a situación de varias parroquias do municipio con relación ao seus sistemas de saneamento de augas residuais.
Ao respecto e como posible solución a algunhas das necesidades expostas, Ángeles Vázquez lembrou que Augas de Galicia convocará a comezos de 2026, entre outras, dúas ordes de axudas para apoiar, por un lado, a instalación de sistemas de depuración autónomos en núcleos rurais illados e, por outro, a renovación deste tipo de instalacións en vivendas unifamiliares. Neste sentido, animou ao alcalde a consultar as bases da próxima convocatoria e solicitar acollerse á primeira destas liñas de axudas como solución alternativa para avanzar na mellora da depuración no concello.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



