O delegado puxo en valor a dinamización da cultura en Galicia que fai o Goberno, investindo 23,8 M€ mediante o Bono no sector e repercutindo directamente tanto na creación artística como nas empresas vencelladas a el
Foz, 8 de xaneiro de 2026. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou esta mañá en Foz o éxito que representa o Bono Cultural Xove do Goberno de España en Galicia, onde leva beneficiados a 59.619 rapaces e rapazas desde a súa creación. Pedro Blanco deu conta do seu positivo impacto tanto para a xente nova como para o sector cultural na Librería Bahía de Foz, xunto ao alcalde da localidade, Fran Cajoto; a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, e a súa xerente, Cielo Fernández, presidenta da Federación de Librarías de Galicia.
Pedro Blanco puxo en valor a dinamización da cultura en Galicia que fai o Goberno de España, investindo 6,6 M€ no sector con este programa no 2025 e un total de 23,8 millóns desde a súa posta en marcha. Mediante accións como a do Bono Cultural Xove repercute directamente no comercio e as pemes vencelladas a esta industria, que tamén nota o impulso do Goberno en eidos como o da propia creación cultural, xa sexa de tipo audiovisual, literario, etc.
En total, o ano pasado saíron beneficiados por esta axuda do Ministerio de Cultura preto de 16.500 mozos e mozas galegos, 1.551 na provincia de Lugo. Pedro Blanco destacou, seguindo esta liña, que a mocidade galega ve impulsado o seu interese pola cultura mediante as accións do Goberno, tales coma esta do Bono Cultural. Fixo fincapé en que este sector “supón todo un motor económico para a nosa terra, a maiores das propias implicacións sociais e artísticas”, e subliñou especialmente o eido literario xunto á presidenta da Federación de Librerías de Galicia, Cielo Fernández, xerente ademais do establecemento visitado.
En total, o Bono Cultural foi solicitado por 366.443 mozos que cumpren os 18 anos en 2025, distribuídos por todo o territorio español. A cifra supera en 27.835 o total de beneficiarios da edición anterior, que ascendeu a 338.608. Nestas catro edicións o número de mozos beneficiarios do programa alcanza un total de 1.309.059 en toda España.
Sobre o Bono Cultural
O Bono Cultural funciona cunha tarxeta prepago que o beneficiario pode ter de forma virtual ou recibir de forma física. Con esa tarxeta os mozos dispoñen dun ano e máis de 3.800 establecementos adheridos por toda España para poder utilizar os 400 euros asignados en experiencias e produtos culturais, coa seguinte distribución: 100 euros para produtos físicos, 100 para produtos dixitais e 200 para artes escénicas.
O obxectivo do Ministerio ten un dobre sentido: por unha banda, mostra o interese dun amplo espectro da poboación nova española pola cultura, que esta iniciativa axuda a asentar como público e consumidor cultural de cara ao futuro; e, doutra banda, ofrece un respaldo adicional ao sector cultural.
Novidades para o 2026
O Ministerio de Cultura está a estudar unha ampliación nos usos do Bono Cultural para que inclúan a creación e formación cultural e artística, para a próxima edición. Esta ampliación permitiría utilizar o importe do Bono na adquisición de instrumentos musicais e material para a creación artística, así como para o pago de talleres e cursos tanto presenciais como en liña. Ademais, desde o Ministerio está a traballarse activamente para que o Bono Cultural sexa máis accesible e chegue aos sectores de poboación máis vulnerables. Para iso, está a establecer colaboracións con entidades do terceiro sector, para que poidan difundilo e axudar a realizar o trámite de solicitude.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



