Os deputados populares no Congreso e concelleiras do goberno local mantiveron unha reunión de traballo con representantes de ACISA Ribadeo
Ribadeo, 8 de xaneiro de 2026. O deputado mariñán Jaime De Olano asegurou que “con Sánchez vivimos nunha España máis cara” e “nunha Galicia que sofre a súa traizón coa complicidade do PSdeG e o apoio incondicional do BNG a un Goberno plagado de corrupción, de casos de acoso a mulleres e que prexudica a Galicia”. Polo tanto, “PSdeG e BNG traizoan a Galicia, ás mulleres e á decencia. Só o PPdeG defende os intereses de Galicia e os galegos”.
Así se manifestaba tras coñecer o acordo de Sánchez con ERC para dirixir 4.700M€ máis a Cataluña condenando que “o Goberno de Sánchez avance na quita de débeda a Cataluña e no cambio de modelo de financiamento que beneficia a Cataluña en detrimento doutras Comunidades Autónomas coma Galicia”.
Á situación de escándalos e casos de corrupción e acoso que protagoniza o Goberno de Sánchez, hai que engadir “a asfixia económica aos españois” debido á suba de prezos e impostos. De feito, “a cesta da compra subiu máis dun 40% e cada español paga 3.500 euros máis en impostos dende que Sánchez é presidente do Goberno”.
REUNIÓNS DE TRABALLO CON AUTÓNOMOS DA PROVINCIA
A suba do custe da vida que sufrimos todos, afecta tamén a un dos sectores produtivos máis destacados da provincia como é o caso dos autónomos, que ascenden a 30.700 na provincia que favorecen a creación de oportunidades e xeran riqueza. Así o comprobaron os deputados do PP lucense no Congreso – Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades- nun encontro de traballo con representantes de ACISA Ribadeo que -aglutina a 170 asociados- acompañados polas concelleiras do goberno local Begoña Sanjurjo e Marta Saiz.
Os representantes populares por Lugo no Congreso continúan “a rolda de contactos co sector despois de manter outras reunións na provincia e en Galicia -algunhas delas na Mariña- para coñecer de primeira man a súa situación actual e recoller as súas demandas” como a redución da burocracia, o problema de financiamento en casos de relevo, a necesidade de asesoramento á hora de emprender e, especialmente, a falta de persoal.
Así mesmo, aproveitaron para informar sobre algunhas das medidas propostas polo Partido Popular no seu Plan de Autónomos para “aliviar a presión fiscal”. De Olano, integrante do equipo redactor das propostas, explica que se trata de “valorar o traballo e esforzo dos autónomos”, polo que o PP aposta por “establecer menos trabas e máis apoios”.
Os populares advertiron que “España é o único país da UE que non aprobou a exención de declaracións do IVE para autónomos con ata 85.000€ de facturación, provocando unha perda de competitividade con respecto aos autónomos europeos”. Nese sentido, o Partido Popular propón a exención do pago do IVE aos autónomos que facturen menos de 85.000 euros ao ano, a tarifa 0 durante o primeiro ano de actividade -con posibilidade de amplialo a un segundo a menores de 35 anos ou con ingresos por debaixo do SMI- ou pasar de 4 declaracións trimestrais a 2 semestrais e unha única declaración anual para os novos emprendedores.
Outra das propostas do partido de Núñez Feijóo é que os autónomos que son, á vez, asalariados non coticen por enriba da base máxima en ningún caso. Entre as medidas do Plan de Autónomos do PP tamén se recollen facilidades para traballar despois da idade de xubilación ou exencións no pago das cotas por baixas de enfermidade grave, dous anos despois da maternidade ou paternidade, ademais de equiparar os dereitos de lactancia coas traballadores por conta allea. Igualmente, contempla clarificar e incrementar as deducións de gastos.
En relación ás cotizacións, De Olano lembrou que “os autónomos sufriron 10 subidas dende que goberna Sánchez”. E incide en que a suba prevista polo Goberno para este 2026 quedou suspendida “debido á presión do sector”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



