Vilalba, 9 de xaneiro, 2026. Vilalba acolleu este mediodía unha concentración diante do centro de saúde para reclamar unha atención sanitaria pública digna, de calidade e con persoal suficiente. A mobilización, convocada polo Concello co consenso unánime de todos os grupos políticos da corporación, buscou lanzar unha chamada conxunta á cidadanía ante a situación crítica que atravesa o servizo sanitario no municipio.
Baixo o lema “Pola defensa do centro de saúde de Vilalba”, arredor de 500 veciños e veciñas amosaron a súa preocupación polo deterioro progresivo da atención sanitaria e o seu apoio a unha reivindicación que afecta ao conxunto da comarca.
Durante o acto, deuse lectura a un manifesto consensuado por todos os grupos municipais. O texto foi lido por Benita Martínez, matrona do centro de saúde durante máis de 15 anos ata a súa xubilación, nun xesto simbólico de recoñecemento ao persoal sanitario.
Un centro de saúde en situación límite
No manifesto púxose de relevo a grave situación que vive o centro de saúde de Vilalba, onde 4 dos 11 cupos médicos permanecen sen cubrir. Esta carencia provoca que as baixas, vacacións ou días libres non se substitúan, chegando a rexistrarse xornadas nas que só tres médicos atenden toda a poboación adscrita.
A presión asistencial increméntase ademais pola actividade do Punto de Atención Continuada (PAC), que atende urxencias doutros concellos da contorna sen recibir reforzos de persoal.
O texto tamén recolleu a falta de substitucións en enfermería e a situación especialmente preocupante do servizo de pediatría, onde só un dos cupos permanece operativo. Ademais, denunciouse a perda progresiva de especialidades fundamentais —como oftalmoloxía, xinecoloxía ou reumatoloxía—, o que reduce a carteira de servizos dispoñibles para a veciñanza da comarca.
“Vilalba sabe unirse para defender a saúde”
Ao remate da concentración, a alcaldesa Marta Rouco agradeceu “a resposta masiva da veciñanza, que hoxe volveu demostrar que Vilalba sabe unirse cando se trata de defender un dereito fundamental como é a saúde”.
Rouco subliñou que a mobilización é “froito do consenso, da responsabilidade institucional e da vontade de sumar forzas para conseguir solucións reais”. Engadiu que “a protesta unida e firme é a vía para que as administracións competentes tomen cartas no asunto” e lembrou que “non se están a pedir privilexios, senón unha atención sanitaria pública digna e acorde ás necesidades reais da poboación”.
A rexedora asegurou que o Concello continuará defendendo esta causa “con todas as ferramentas ao noso alcance, buscando a máxima repercusión posible, mantendo a man tendida ao diálogo e tamén a firmeza nas reivindicacións”. Concluíu advertindo que “a sanidade pública non pode esperar e Vilalba precisa solucións”.























No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



