Ribadeo, 12 de xaneiro, 2026. O venres 9 de xaneiro, a Agrupación Cultural Francisco Lanza celebrou a súa asemblea anual de socias e socios para avaliar a actividade desenvolvida durante o ano 2025 e deseñar as liñas básicas de actuación de cara ao 2026.
A entidade fixo unha valoración positiva dos actos realizados ao longo de 2025. Durante o primeiro semestre desenvolveu unha intensa programación que culminou coas Xornadas de Historia Local, e no segundo semestre mantivo unha actividade destacada, que rematou coa elaboración do almanaque de 2026 e coa campaña de promoción da figura do apalpador. Os paseos da Paco Lanza cada primeiro sábado de mes, o Caldo de gloria polo Día de Rosalía, presentacións de libros, conferencias, viaxes culturais (Betanzos e Sada, Ribeira Sacra, Mosteiro de Samos e Pazo de Tor) e as Palabras na varanda, entre outras propostas, deron vida cultural ao ano.
De cara a 2026, a agrupación ten en marcha varios proxectos. Ademais de manter as actividades habituais, a entidade prevé lembrar, en coordinación con outras asociacións mariñás e de Ribadeo, a figura de Hernán Naval, cando se cumpren vinte e cinco anos do seu pasamento. Para iso iniciará unha rolda de contactos co obxectivo de organizar unha homenaxe conxunta.
A agrupación tamén pretende reforzar o ciclo de conferencias sobre temas de actualidade, tanto arredor dos novos estudos sobre a historia de Galiza como da situación política internacional. As fachadas de Ribadeo volverán engalanarse coas Palabras na varanda, que nesta edición estarán dedicadas a Begoña Caamaño.
Aínda pendentes de concreción, as Xornadas de Historia Local poderían centrarse na figura de Hernán Naval ou, cando menos, incluír un apartado destacado sobre a súa traxectoria, o seu legado e a súa influencia en xeracións posteriores.
A entidade manifesta tamén a vontade de recuperar a súa liña de traballo vinculada ao medio ambiente, organizando algunha actividade arredor do mes de xuño coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Así mesmo, continuará coa promoción da figura do apalpador e elaborará o almanaque correspondente ao ano 2027.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza fai un chamamento ás persoas interesadas para que participen nas súas actividades e se incorporen como socias. A cota anual é de 14€, e nas actividades con entrada establécese unha discriminación positiva para as persoas asociadas. A entidade anima a seguir a súa actividade a través das redes sociais e da prensa local.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



