A Mariña, 12 de xaneiro de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará o vindeiro 22 de xaneiro en FITUR A Mariña, unha viaxe á identidade, unha proposta que pon en valor o poder sanador do mar, do goce do tempo e do turismo de benestar e consciente, tendo como protagonistas ás Carolas ou Canouras, consideradas as primeiras turistas da Mariña. A finais do século XIX e sobre todo no século XX, estas mulleres procedentes dos municipios do interior da provincia chegaban ata a costa da Mariña para tomar os “baños de mar”, unha tradición que se afianzou, xa fose por prescrición médica ou por recomendación de persoas coñecidas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “esta homenaxe á figura das Carolas forma parte das propostas turísticas que vén desenvolvendo a Mancomunidade ao abeiro do PST e que afonda na identidade do territorio a través dos seus valores, das súas tradicións e das súas xentes. Así, avánzase na recuperación e posta en valor dunha figura que forma parte da historia da Mariña, patrimonio inmaterial do territorio”.
Autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector terán a oportunidade decoñecer de primeira man os proxectos que se veñen desenvolvendo na Mariña no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense (2022-2025) entre outras liñas de traballo,así como esta nova acción de comunicación, coa que se da un paso máis na posta en valor do territorio.
O Plan de Sostibilidade Turística na Mariña está confinanciado pola Mancomunidade de Concellos, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
A presentación oficial terá lugar, como en anteriores edicións, no stand de Galicia en FITUR (pavillón 9, parcelas 9C07/9C09, do recinto feiral IFEMA) nun acto que guiará a presidenta da Mancomunidade, Rocío López. Será o 22 de xaneiro ás 17:30 horas.
FITUR 2026
A Mancomunidade estará presente en FITUR desde o mércores 21 de xaneiro “para manter xuntanzas con profesionais do sector e provedores de servizos, co obxectivo de comunicar os activos da Mariña, promover sinerxias e intercambiar información sobre servizos e produtos de potencial interese para o noso xeodestino”, indicou Rocío López.
A Mancomunidade contará cun espazo de información turística dentro do stand de Galicia, no que terá a disposición dos visitantes diferentes materiais corporativos, como a guía A Mariña al descubierto, o mapa turístico e os folletos de turismo ornitolóxico e xeoturismo na Mariña Lucense editados este ano, entre outros.
Un ano máis, a Mancomunidade aproveitará o espazo de promoción internacional de FITUR para dar a coñecer a súa oferta turística e, ao mesmo tempo, establecer contactos interesantes para o impulso da Mariña como territorio de referencia no sector do turismo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



