Lugo, 12 de xaneiro de 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asegurou hoxe que a Xunta “comparte a preocupación” de gandeiros e agricultores polo acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur, e esixirá “que calquera produto que entre en España cumpra os mesmos requisitos e garantías que a nosa produción, para que non prexudique ao sector primario galego”.
Arias reuniuse hoxe cunha delegación das asociacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, promotoras da manifestación convocada en Lugo contra o acordo de libre comercio entre o bloque comunitario e os países que integran Mercosur. Comunicoulles que a Xunta instará ao Goberno de España a facer un exhaustivo control de fronteiras e asegurarse de que os produtos agroalimentarios de terceiros países “cumpran os mesmos estándares de calidade, sanidade e benestar animal que os comunitarios”.
No encontro, o delegado sinalou tamén que o Goberno autonómico quere crear unha fronte común coas organizacións profesionais agrarias contra a proposta da Comisión Europea de recortar os fondos da PAC, “nun contexto no que son aínda máis necesarios se cabe”.
Lembrou que esta semana se celebrará a primeira reunión da comisión de traballo específica sobre a nova Política Agraria Común no seo do Consello Agrario, e incidiu en que a Xunta seguirá defendendo “unha PAC forte, con financiamento suficiente e fondos diferenciados para seguir cubrindo as necesidades do campo galego”. As propostas actuais poderían supoñer unha redución de cando menos o 22% dos fondos destinados a Galicia, o que se traduciría en arredor de 80 millóns de euros anuais menos para o sector.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



