Destinarase principalmente a garantir o correcto funcionamento dos servizos sociais e a mellorar a atención ás persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, así como á adquisición de recursos
Cariño, 15 de xaneiro, 2026. O Concello de Cariño aprobou o Plan de Obras e Servizos (POS+) 2026 da Deputación Provincial da Coruña destinado a gasto social, unha achega que permitirá cubrir os gastos derivados da prestación dos servizos sociais municipais.
A contía total ascende a 49.138,45 euros, que se destinará principalmente a garantir o correcto funcionamento dos servizos sociais e a mellorar a atención ás persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Como novidade, este é o primeiro ano no que unha parte do POS+ se empregará para a dotación de recursos materiais, concretamente para a adquisición de catro grúas e dous asentos xiratorios de baño, co obxectivo de dar resposta ás necesidades das persoas usuarias con maior grao de dependencia. Estes novos recursos permitirán facilitar o traballo que realizan as profesionais do SAF, mellorando tanto a calidade do servizo prestado como as condicións laborais do persoal.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “esta inversión supone un paso importante en la mejora de nuestros servicios sociales, apostando por una atención más digna y adaptada a las necesidades reales de las personas más dependientes”. Así mesmo, sinalou que “la intención del Concello es continuar en esta línea en los próximos años, incrementando progresivamente estos recursos en función de las necesidades que nos traslade el departamento de Servicios Sociales”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



