Viveiro, 15 de xaneiro, 2026. O deputado no Parlamento Galego Daniel Castro e a portavoz municipal en Viveiro, Iria Cotelo, participaron hoxe na concentración e na andaina convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que partiron do Centro de Saúde de Viveiro ata a Xefatura Territorial da Consellería do Mar. Alí entregáronse preto de 6.000 sinaturas dirixidas ao conselleiro de Sanidade, nas que se denuncia a grave situación que atravesa o centro de saúde da localidade, que afecta tamén aos concellos de Ourol e O Vicedo ao dependeren do mesmo PAC.
“Maltrato do PP a Viveiro”
Iria Cotelo advertiu de que “a precaria situación do centro de saúde se alonga no tempo, e a Xunta o único que fai é realizar continuos anuncios de solucións temporais, sen atallar o problema e mantendo baixo mínimos o noso centro de saúde”. Lembrou que Viveiro é “a poboación máis grande da Mariña e a terceira da provincia”, e que “non é de recibo que contemos só con catro ou cinco médicos dos once que nos corresponden, sendo ademais a cabeceira do PAC ao que derivan tamén os pacientes de Ourol e O Vicedo, que atravesan unha situación semellante”.
A portavoz municipal incidiu tamén no que cualificou como “maltrato do Partido Popular desde a Xunta a Viveiro en materia de servizos públicos”, citando a situación do CEIP de Covas ou “a tomadura de pelo” que, ao seu xuízo, supón o recente anuncio do trazado da variante.
“O PP acelera o desmantelamento da atención primaria”
Pola súa banda, Daniel Castro referiuse á situación da sanidade pública en Viveiro e lembrou as iniciativas que, segundo explicou, vén presentando no Parlamento. Asegurou que o PP “lonxe de dar unha solución, trata de xustificar o inxustificable”. Engadiu que, ao seu ver, “o PP está acelerando o proceso de desmantelamento da atención primaria, falseando listas de agarda e beneficiando á sanidade privada ao desviar moitos pacientes dos hospitais públicos aos privados concertados e non concertados, e perxudicando á maioría da poboación, á que se lle poñen cada vez máis trabas para acceder a centros de saúde e hospitais”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



